Presentación

En Galicia, aproximadamente 1 de cada 4 persoas ocupadas figura inscrita no Réxime Especial do Traballo Autónomo (RETA), o que fala da súa importancia e do valor achegado por este colectivo á economía galega.

A seguridade e saúde laboral resultan aspectos críticos para mellorar as condicións de traballo das persoas traballadoras autónomas. Por este motivo, neste portal se despregarán os contidos relacionados con estas actividades, destacando a publicación de boas prácticas para diferentes sectores nos que predomine o emprego autónomo.

 

Ademais neste portal ponse a disposición de todas as persoas interesadas información práctica sobre prevención de riscos laborais, co claro obxectivo de fomentar a cultura preventiva e mellorar as condicións de seguridade e saúde nos lugares de traballo, así como a información sobre estudos de saúde laboral e o programa de recoñecementos médicos específicos para persoas traballadoras autónomas.

 

ESTUDOS DE SAÚDE LABORAL E PROGRAMA DE RECOÑECEMENTOS MÉDICOS ESPECÍFICOS PARA O PERSOAL TRABALLADOR AUTÓNOMO

Plan de actuación

Un dos principais problemas en Saúde Laboral é a insuficiente información acerca do impacto das condicións de traballo na xeración de danos na saúde do persoal traballador, o que limita un coñecemento real das situacións que se están a xerar, colectivos aos que afecta, enfermidades con maior incidencia ou prevalencia, axentes causantes, etc. Esta situación conduce a un inadecuado coñecemento para o deseño de estratexias, elaboración de plans e programas en materia de seguridade e saúde laboral que permitan unha axeitada toma de decisións, dotación de recursos e a adopción de medidas preventivas concretas destinadas ao persoal traballador e á mellora, en suma, das condicións de traballo e do seu estado de saúde.

O ISSGA desenvolve actuacións concretas nos seus sucesivos plans de actuación para xerar novas evidencias científicas sobre a influencia das condicións de traballo na aparición de danos na saúde laboral. O programa de recoñecementos médicos específicos e os estudos epidemiolóxicos son unha das ferramentas para ampliar o coñecemento en saúde laboral.

Plan de actuación 2022

No 2022, segundo o indicado no plan, os recoñecementos médicos realizaranse soamente dentro dos estudos de saúde laboral a determinados colectivos e que este ano serán os de mariscadoras, redeiras e outros do sector do mar e do agro.

Estudos de saúde laboral

A Área de Medicina do Traballo, integrada por especialistas en Medicina e Enfermería do Traballo, ademais de investigar as enfermidades do traballo e prestar asesoramento na materia, realiza estudos de saúde laboral para xerar coñecemento sobre as condicións de traballo, os riscos e os danos para a saúde por colectivos ou actividades.

Estes estudos precisan dunha análise previo das condicións de traballo e a influencia destas na saúde laboral para a identificación de posibles patoloxías laborais, para desenvolver medidas preventivas, mellorar a comunicación destes danos profesionais, e identificar novas liñas de actuación con estes colectivos e actividades.

Para desenvolver o estudo é preciso unha mostra representativa do colectivo. Nos meses previos ao inicio, os médicos especialistas en medicina do traballo do ISSGA deseñan elaboran un protocolo médico específico considerando os riscos laborais para realizar os recoñecementos médicos.

Do resultado deste recoñecemento médico individual infórmase a cada participante. Os datos analizados de forma colectiva permiten obter conclusións para a mellora das condicións de traballo e da prevalencia das enfermidades profesionais, así como para elaborar publicacións técnicas e material divulgativo, como guías de boas prácticas, carteis e folletos.

Nestes estudos participa a o Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na abordaxe epidemiolóxica e no tratamento estatístico dos datos.

Para máis información pode consultar os estudos xa realizados a mariscadoras, redeiras e percebeiros:

Guía de boas prácticas_Issga_Saúde laboral: redeiras
Guía de boas prácticas ISSGA. Saúde laboral no marisqueo a pé
Estudo epidemiolóxico no marisqueo a pé
Estudo epidemiolóxico: redeiras e percebeiros a pé

Normativa estatal sobre PRL no emprego autónomo →

Documentación técnica

Riscos en carpinterías de madeira_Non te cortes
Riscos en carpinterías de madeira_Non te cortes_cuadríptico
Non caias da escada_Prevención de riscos nas escadas_Tríptico

Actividades

31/05/2023
Promoción da saúde no lugar de traballo. Moverse máis e mellor
A Coruña
05/06/2023
O VICEDO_Curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira
Lugo
26/09/2023
Curso de prevención de riscos laborais en ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE. Nivel básico_En liña
On line
03/10/2023
FERROL_Curso de prevención de riscos laborais en tarefas de atención directa a persoas con dependenc...
A Coruña

Actualidade

13/05/2023
A Xunta apoiará a XIII edición do Congreso de Prevención de Riscos Laborais en Iberoamérica que se celebrará en xuño en...
13/05/2023
O ISSGA colabora nunha xornada en Santiago sobre a saúde mental no traballo
09/05/2023
As novas formas de traballo. O teletraballo e os seus riscos laborais
Facultade de Ciencias do Traballo_UDC_Campus Ferrol
09/05/2023
A nova estratexia de seguridade e saúde laboral que a Xunta deseña cos axentes sociais dará resposta aos riscos...
30/04/2023
O Issga promove oito obradoiros gratuítos para a prevención de riscos no coidado a persoas dependentes
28/04/2023
O ISSGA organiza e participa en diversas actividades con motivo do Día mundial da seguridade e saúde no traballo