Introdución
A Lei de prevención de riscos laborais establece entre outras obrigas, a de proporcionar aos traballadores formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo.
Así mesmo, a lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de vida no traballo.
Neste liña, a oferta formativa do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), que se desenvolve nos centros de seguridade e saúde laboral, ten o propósito de proporcionar formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais e dar cumprimento á Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027.
A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.
Co obxectivo de promover, sensibilizar e incrementar os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais, elaborouse este programa de actividades formativas que agardamos axude á mellora das condicións de seguridade e saúde laboral no traballo.
Xornadas técnicas
Non hai cursos neste momento.
Cursos e obradoiros
Cursos básicos de PRL
Prevención no ensino
Non hai cursos neste momento.
Aula de risco eléctrico
Non hai cursos neste momento.