
Xerente
Benvida
Benvido/a á páxina web do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).
Este portal deséñase como un instrumento para dar a coñecer a actividade e o funcionamento do órgano técnico da Xunta de Galicia en prevención de riscos laborais, ao tempo que serve de espazo aberto ás achegas que se fagan por todos os que así o consideren.
De xeito destacado amósanse as diversas actuacións do ISSGA, cuxo maior valor reside en que son accións de desenvolvemento dun plan de actuación compartido e consensuado cos interlocutores sociais da nosa comunidade autónoma, que teñen participación activa e cualificada no instituto.
Así, cómpre identificar o ISSGA como un lugar que une sensibilidades e suma esforzos cara a un obxectivo común, avanzar na redución dos accidentes laborais e das enfermidades profesionais a prol dun traballo seguro e de maior calidade en Galicia.
En nome de todo o persoal técnico e administrativo do ISSGA e na miña condición de xerente agradezo moi sinceramente o interese en visitar esta páxina, así como ofrezo a nosa colaboración a todos os implicados no complexo e dinámico mundo da seguridade e saúde laboral.
Presentación
O ISSGA configúrase como o órgano técnico da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais. É un organismo autónomo adscrito organicamente á consellería competente en materia de traballo, que ten personalidade xurídica propia, plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, e dispón de patrimonio e tesouraría propios.
Correspóndelle ao Instituto a xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade e saúde laboral establezan os poderes públicos de Galicia, para a mellora das condicións de traballo co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo.
O ISSGA estende a súa actuación a todas as empresas e á totalidade do persoal traballador respecto dos centros de traballo de Galicia, incluídas as administracións públicas e o persoal ao seu servizo. Na súa actuación inclúe especificamente as cooperativas de traballo asociado e as demais cooperativas en relación cos seus socios e socias de traballo.
Así mesmo, leva a cabo actividades de promoción da prevención de riscos laborais en relación coas traballadoras e os traballadores por conta propia e co conxunto da poboación, prestándolles especial atención ás actividades de prevención dirixidas ás pequenas e medianas empresas.

- FINALIDADES XERAIS
-
As finalidades básicas do ISSGA son as seguintes:
- Desenvolver accións de información, divulgación e formación, en materia preventiva.
- Realizar o asesoramento e o control das accións técnico-preventivas, sen prexuízo das competencias da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dirixidas á diminución dos riscos laborais, dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais que se realicen nas empresas para elevar a protección da seguridade e a saúde das traballadoras e dos traballadores.
- Prestarlles ás empresas, con especial atención ás pequenas e medianas empresas, ás traballadoras e traballadores, ás administracións públicas, aos sindicatos, ás asociacións empresariais e aos demais axentes económicos e sociais asesoramento e asistencia técnica para o mellor cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
- Realizar o seguimento, coordinar e promover a colaboración de accións en materia de prevención de riscos laborais dos diferentes departamentos da Administración autonómica, así como aqueles organismos estatais e internacionais orientados aos mesmos fins.
- Fomentar a prevención de riscos laborais a través do seu tratamento como materia horizontal no ensino regrado e non regrado.
- FUNCIÓNS
-
Para o cumprimento dos seus fins, o ISSGA realiza as seguintes funcións:
- Analizar, investigar e avaliar as causas e os factores determinantes dos riscos laborais, dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais, abordar o seu estudo preventivo e propor, de ser o caso, medidas correctoras.
- Coñecer, tratar, elaborar e difundir os informes e os datos estatísticos sobre sinistralidade laboral e condicións de traballo.
- Elaborar, promover e desenvolver programas de investigación sobre métodos e técnicas de seguridade e saúde no traballo.
- Promover a efectividade do principio de igualdade entre homes e mulleres, considerando as variables relacionadas co sexo na estatística, o estudo e a investigación dos riscos laborais, co obxecto de detectar e de previr as posibles situacións en que os danos derivados do traballo poidan aparecer vinculados co sexo das persoas traballadoras.
- Asesorar tecnicamente para a elaboración e a reforma da normativa en materia de seguridade e saúde no traballo e mais elaborar recomendacións sobre condicións de traballo dos grupos especiais de risco.
- Prestarlles colaboración, asesoramento técnico e coordinación á autoridade laboral, á Inspección de Traballo e Seguridade Social e mais ás autoridades xudiciais e ás institucións públicas que o demanden.
- Efectuar plans e cursos de formación e accións informativas en relación coa seguridade e a saúde laboral.
- Apoiar e promover as actividades desenvolvidas polo empresariado e persoal traballador e as súas respectivas organizacións representativas, en prol da mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, da investigación e o fomento de novas formas de protección e mais da promoción de estruturas eficaces de prevención.
- Estudar e vixiar as condicións de traballo que poidan resultar nocivas, insalubres e/ou perigosas para as mulleres traballadoras durante os períodos de embarazo e lactación, para os menores e para os traballadores e traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos, para acomodar no caso necesario a súa actividade laboral a un traballo compatible coa súa específica situación de saúde.
- Programar e realizar controis xerais e sectoriais sobre as condicións de seguridade e saúde laboral nas empresas, coa prestación a estas e aos representantes legais dos/as traballadores/as do asesoramento pertinente e a comunicación das correccións necesarias.
- Efectuar estudos, informes e asesoramento técnico sobre postos, locais e centros de traballo, materias primas e produtos intermedios e finais, na medida en que poidan supor riscos para a saúde das traballadoras e dos traballadores.
- Asesorar e avaliar o funcionamento dos órganos técnicos das empresas en materia de seguridade e saúde laboral.
- Efectuar os informes técnicos para a acreditación ou a autorización dos servizos de prevención alleos, entidades formativas e persoas ou entidades especializadas para levar a cabo auditorías ou avaliacións dos sistemas de prevención, agás nas materias que son competencia da Administración sanitaria, e o seguimento das súas actuacións, coa comunicación á autoridade laboral das desviacións observadas.
- Participar na vixilancia epidemiolóxica da saúde laboral en coordinación coa autoridade sanitaria no ámbito estratéxico e operativo e mais, de ser o caso, elaborar coa autoridade sanitaria un mapa de riscos laborais que sirva de instrumento para planificar a debida política de prevención.
- Prestarlle á Administración sanitaria asesoramento e asistencia técnica na autorización e na verificación do mantemento das condicións da autorización sanitaria dos servizos de prevención propios e alleos e mais na avaliación da súa actividade sanitaria.
- Colaborar coa consellaría competente en materia de seguridade industrial e mineira no que poida afectar a seguridade e a saúde do persoal traballador.
- Colaborar coa autoridade educativa, as universidades e os centros de investigación para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos de prevención de riscos laborais.
- Colaborar e cooperar en materia de prevención de riscos laborais con outras administracións públicas e entidades públicas e privadas.
- Colaborar coa Inspección de Traballo e Seguridade Social nas actuacións referentes ás condicións materiais e técnicas de seguridade e saúde laboral e mais nas de comprobación e control, de ser o caso.
- En xeral, coordinarse coas consellarías con competencias concorrentes en materia de seguridade e saúde no traballo, así como coa Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e con outros organismos das comunidades autónomas.
- Actuar, con especial dedicación ás pequenas e medianas empresas, en programas de prevención de riscos e promoción da seguridade e saúde no traballo.
- Estudar as posibles patoloxías derivadas da actividade laboral con máis incidencia en Galicia.
- Levar a cabo cantas outras funcións sexan necesarias para o cumprimento dos fins de prevención e promoción da seguridade e da saúde no traballo nos termos establecidos na normativa de prevención de riscos laborais.
- NORMAS XURÍDICAS
-
Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o ISSGA

Organigrama
Órganos de goberno
- PRESIDENCIA
-
A Presidencia do Instituto é o órgano unipersoal de goberno. Exercerá a presidencia do Instituto a persoa titular da consellería competente en materia de traballo, na actualidade a Conselleira de Emprego e Igualdade.
Non obstante, en virtude do disposto no artigo 64.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, o Consello da Xunta poderá nomear outra persoa para desempeñar o cargo, por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de traballo.
Corresponde á persoa titular da Presidencia:
- Desempeñar a representación do Consello Reitor e a representación do Instituto, incluíndo as actuacións fronte a terceiros relativas aos seus bens e dereitos patrimoniais, así como a subscrición dos convenios e acordos de colaboración.
- Efectuar a designación e a destitución da persoa titular da Xerencia do Instituto.
- Presidir e convocar o consello Reitor, co desempeño de todas as demais competencias que lle correspondan como presidente do órgano colexiado.
- Autorizar os gastos necesarios e ordenar os pagamentos correspondentes do Instituto.
- Actuar como órgano de contratación e exercer a dirección superior do persoal do Instituto.
- Velar polo cumprimento das leis e pola execución dos acordos adoptados polo Consello Reitor.
- Dar conta, se é o caso, a outras consellerías dos acordos adoptados polo Consello Reitor.
- Impulsar e supervisar as actuacións do organismo.
- CONSELLO REITOR
-
O Consello Reitor é o órgano superior colexiado de goberno do instituto. Os seus membros serán nomeados pola persoa titular da consellería de adscrición. No Consello Reitor será paritaria a representación dos axentes sociais e da Administración.
O Consello Reitor estará formado:- Pola Presidencia.
- Por unha Vicepresidencia.
- Os/as seguintes vogais:
- En representación dos axentes sociais: un/unha vogal en representación de cada un dos sindicatos que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, nos termos expostos na disposición adicional decimoterceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e o mesmo número de vogais designados por proposta das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma
- En representación da Administración, un número de vogais suficiente para garantir a composición paritaria do Consello Reitor:
- A persoa titular da Xerencia do Instituto.
- Un/unha vogal por cada unha das consellerías con competencias en materia de sanidade, minas e facenda, designado pola persoa titular da consellería respectiva de entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.
- No caso de ser necesario, os/as restantes vogais serán designados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma.
- A Secretaría do Consello Reitor.
Órgano executivo
- XERENCIA
-
A Xerencia é o órgano executivo do Instituto, responsable da xestión ordinaria deste.
A persoa que exerza a titularidade da Xerencia é persoal funcionario con rango orgánico de subdirección xeral e será nomeada e cesada pola Presidencia do Instituto, logo da consulta ás organizacións representadas no Consello Reitor.
Nos supostos de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal, a persoa titular da Xerencia será suplida na totalidade das súas atribucións polas persoas responsables das subdireccións establecidas nos artigos 24 e 25, e na orde de precedencia en que estas veñen referenciadas.
Correspóndelle á Xerencia do Instituto o desempeño da xestión ordinaria do Instituto, e exerce as seguintes funcións:- Asistir a Presidencia do Consello Reitor no exercicio das súas funcións.
- Levar a cabo o asesoramento e os informes que lle solicite a Presidencia do Instituto.
- Elaborar o proxecto do plan anual de actividades, que incluirá as actuacións técnicas e a súa planificación temporal, e elevalo ao Consello Reitor.
- Elaborar a proposta de relación de postos de traballo do Instituto.
- Exercer a xefatura e dirección do persoal adscrito ao organismo.
- Elaborar as contas e o anteproxecto de orzamento para a súa presentación ao Consello Reitor.
- Impulsar, orientar, coordinar e inspeccionar as unidades adscritas ao Instituto e ditar as disposicións, instrucións e circulares relativas ao seu funcionamento.
- Elaborar o informe anual coa relación de todas as actividades do Instituto para a súa aprobación polo Consello Reitor e remitilo ao Parlamento para o exercicio do control parlamentario.
- Proporcionar e recibir das consellerías con competencias concorrentes en materia de seguridade e saúde laboral canta información sexa precisa para o desenvolvemento das funcións en materia de seguridade e saúde laboral.
- Establecer a coordinación necesaria para garantir a cooperación institucional con todas as administracións na materia de prevención de riscos laborais.
- Desenvolver as actuacións de colaboración técnica coa Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- Colaborar coa Administración laboral, sanitaria, mineira, industrial e outras que o soliciten por razón da materia.
- Facilitarlle ao Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral canta información sexa precisa para o desenvolvemento das súas funcións e asistir ás súas reunións.
- Exercer as facultades non atribuídas especificamente a outros órganos do Instituto.
- Calquera outra que poida serlle asignada pola normativa aplicable ou que lle delegue ou encomende a persoa titular da Presidencia do Instituto ou o Consello Reitor.
Estrutura administrativa
- SUBDIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN E PERSOAL
-
Corresponde á Subdirección Xeral de Administración e Persoal:
- Executar o orzamento do Instituto.
- Efectuar a tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto e as propostas.
- de pagamento e a xestión dos expedientes de contratación.
- Efectuar a habilitación de pagamentos e adquisición, xestión e control de medios materiais para o funcionamento ordinario do Instituto.
- Elaborar os informes de carácter económico ou administrativo que lle solicite a Xerencia.
- Xestionar os asuntos de réxime interior, rexistro, documentación administrativa, arquivo e inventario.
- Analizar, avaliar e elaborar as propostas de desenvolvemento normativo que correspondan ao Instituto.
- A coordinación da tramitación administrativa para a publicación dos acordos e convenios de colaboración que subscriba o Instituto.
- Coordinar coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica a xestión da rede e das aplicacións informáticas do Instituto.
- Realizar a xestión de persoal e nóminas e a coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos e outras cuestións de contido administrativo que lle atribúa a Xerencia.
- Levar a cabo a xestión de asuntos xerais tales como mantemento das instalacións ou vehículos adscritos.
- Practicar o seguimento e supervisión das actuacións económicas, administrativas e de persoal dos centros territoriais.
- Coordinar a publicación no Diario Oficial de Galicia e demais diarios ou boletíns oficiais das disposicións ou actos ditados polo Instituto.
- Prestar apoio para a elaboración tanto do plan anual de actividades como do informe anual das actividades realizadas no que se refire aos datos de xestión interna e dos asuntos propios da Subdirección.
- Exercer cantas funcións lle encomende a Xerencia.
- SUBDIRECCIÓN XERAL TÉCNICA E DE PLANIFICACIÓN
-
Corresponde á Subdirección Xeral Técnica e de Planificación:
- Elaborar o borrador do plan anual de actividades técnicas de acordo coas instrucións da Xerencia.
- A elaboración da proposta do informe anual das actividades.
- Planificar, coordinar e supervisar, con carácter xeral, as actuacións técnico-preventivas, incluídas as que executen nos centros territoriais, de acordo coas políticas establecidas e as actividades planificadas.
- Desenvolver as actuacións de colaboración técnica coa autoridade laboral e de apoio técnico e colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- Executar as actuacións de colaboración técnica con outras unidades con competencia en materia de seguridade e saúde laboral, especialmente coa autoridade laboral, sanitaria e mineira.
- Realizar o seguimento das actuacións de colaboración técnica con outros organismos públicos.
- Coordinar a participación técnica en grupos de traballo no ámbito estatal e autonómico.
- Levar a cabo a elaboración, control e seguimento dos acordos e convenios de colaboración.
- Impulsar a execución e coordinar as accións planificadas dos técnicos habilitados consonte o establecido no Real decreto 689/2005, do 10 de xuño, polo que se modifica o reglamento de organización e funcionamiento da Inspección de Traballo, e o Decreto 138/2007, do 5 de xullo, polo que se regula a habilitación do persoal técnico para o exercicio de actuacións comprobatorias das condicións de seguridade e saúde nas empresas e centros de traballo.
- Elaborar os informes de carácter técnico que lle solicite a Xerencia.
- Exercer cantas funcións lle encomende la Xerencia
- SERVIZO TÉCNICO E DE PLANIFICACIÓN
-
Para o desenvolvemento das súas funcións, a Subdirección Xeral Técnica e de Planificación contará coa unidade administrativa Servizo Técnico e de Planificación, ao cal lle corresponde:
- Asesorar e emitir informes sobre aquelas cuestións que lle encomende a subdirección.
- Executar as actividades e accións planificadas de acordo coas instrucións da Subdirección Xeral Técnica e de Planificación.
- Realizar a coordinación operativa e control das actuacións técnicas, incluídas as dos centros territoriais, de acordo coas políticas establecidas e as actividades planificadas.
- Coñecer, tratar, elaborar e difundir os informes e os datos estatísticos sobre sinistralidade laboral e as condicións de traballo.
- Coordinar a elaboración dos informes técnicos solicitados aos centros para a acreditación ou a autorización dos servizos de prevención alleos, entidades formativas e persoas ou entidades especializadas, así como a daqueloutros informes que sexan requiridos por institucións públicas.
- Xestionar a acción informativa e formativa, así como os contidos da páxina web.
- Exercer cantas funcións lle encomende a Subdirección Xeral Técnica e de Planificación.
- CENTROS TERRITORIAIS DO ISSGA
-
Configúranse como órganos de ámbito territorial provincial do Instituto en cada unha das provincias aos cales lles corresponde o desenvolvemento das funcións propias deste no seu ámbito territorial.
Corresponden á xefatura do centro, dentro do seu ámbito territorial, as seguintes funcións:- Impulsar, coordinar e supervisar o funcionamento de todas as unidades do centro para dar cumprimento ao plan anual de actividades.
- Realizar a coordinación das distintas actividades e o control da súa execución e cantas outras accións sexan necesarias para o mellor cumprimento do plan anual de actividades, que incluirá a presentación periódica á Xerencia do Instituto dos resultados acadados, tanto cualitativos como cuantitativos.
- Manter, dentro da planificación establecida, a colaboración do centro con calquera outro órgano ou institución de ámbito provincial para garantir a coordinación das accións en materia de prevención de riscos laborais.
- Presentar á Xerencia do Instituto propostas de actuacións técnicas e de carácter administrativo.
- Xestionar e tramitar electronicamente a notificación dos partes de accidentes de traballo, así como cursar a notificación das enfermidades profesionais e daquelas que, sen seren profesionais, teñen a súa orixe no traballo.
- Efectuar a organización e o control da xestión económica e do persoal adscrito ao centro, seguindo as instrucións e baixo a coordinación da Subdirección Xeral de Administración e Persoal.
- Dar cumprimento á investigación rápida e eficaz dos accidentes de traballo en coordinación coa autoridade laboral provincial, a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, servizos de emerxencia e fiscalía, dando conta de cada actuación á Dirección do Instituto.
- Garantir a colaboración, se é o caso, do persoal técnico do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia cos tribunais de xustiza.
- Cantas outras relacionadas con competencias do Instituto no ámbito territorial do centro ou que se lle encomende a Xerencia do Instituto.
Outros órganos do Instituto
- LABORATORIO DE REFERENCIA DE HIXIENE ANALÍTICA
-
A Unidade de Hixiene Analítica situada no centro do ISSGA de Pontevedra constitúese como laboratorio de referencia de hixiene analítica e desenvolverá as súas funcións baixo a dependencia da Subdirección Xeral Técnica e de Planificación.
- UNIDADE DE FORMACIÓN, DIVULGACIÓN E DOCUMENTACIÓN
-
A Xefatura de Sección de Formación do centro do ISSGA en Ourense constitúese como a unidade de formación, divulgación e documentación xeral do ISSGA e desenvolverá as súas funcións baixo a dependencia da Subdirección Xeral Técnica e de Planificación.
- COMISIÓN PARA A INTEGRACIÓN DA IGUALDADE
-
O Instituto conta cunha comisión permanente de carácter asesor nos aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos, correspóndelle á Subdirección Xeral Técnica e de Planificación a coordinación e xestión da dita comisión.
A Comisión estará presidida pola Xerencia, quen poderá delegar en persoal do ISSGA, en función dos proxectos que se van a tratar en cada sesión, e dela poderán formar parte representantes da autoridade laboral e das unidades de igualdade dos departamentos da Xunta de Galicia.
Centros ISSGA





Consello Reitor
O Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia é o órgano superior colexiado de goberno e está composto por:
1. Presidenta:
- Elena Rivo López, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.
2. Vicepresidenta:
- Elena Mancha Montero de Espinosa, directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
3. Vogais:
- En representación dos axentes sociais:
- Catro vogais en representación dos sindicatos presentes na mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, nos termos expostos na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro:
- Como vogal titular: Fernando Sabio Maroño, pola Confederación Intersindical Galega.
- Como vogal suplente: Xulia González Pascual, pola Confederación Intersindical Galega.
- Como vogal titular: Armando Iglesias Rodríguez, polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.
- Como vogal suplente: Xesús Castro Baamonde, polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.
- Como vogal titular: José Luis Fernández Celis, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.
- Como vogal suplente: Mar Martín González, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.
- Como vogal titular: Carolina Moldes Castiñeira, pola Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia.
- Como vogal suplente: Alba Arceo Vilas, pola Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia.
- Catro vogais en representación das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma:
- Como vogal titular: José Ángel Lorenzo Ramírez, pola Confederación de Empresarios de Galicia.
- Como vogal titular: José Antonio Neira Cortés, pola Confederación de Empresarios de Galicia.
- Como vogal titular: Jorge Somoza Lázare, pola Confederación de Empresarios de Galicia.
- Como vogal titular: José No Varela, pola Confederación de Empresarios de Galicia.
- Como vogal suplente: Javier Martínez López, pola Confederación de Empresarios de Galicia.
- Como vogal suplente: Inma del Brío González, pola Confederación de Empresarios de Galicia.
- Como vogal suplente: José Manuel Maceira Blanco, pola Confederación de Empresarios de Galicia.
- Como vogal suplente: María Botana Rocamonde, pola Confederación de Empresarios de Galicia.
- Catro vogais en representación dos sindicatos presentes na mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, nos termos expostos na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro:
- En representación da Administración, un número de vogais suficiente para garantir a composición paritaria do Consello Reitor:
- A persoa titular da Xerencia do Instituto, Mª Adela Quinzá-Torroja García.
- Como vogal suplente: Mª Encarnación Sousa Rodríguez, subdirectora xeral Técnica e de Planificación.
- Un vogal pola consellería competente en materia de sanidade:
- Como vogal titular: Alberto Fuentes Losada, secretario xeral técnico.
- Como vogal suplente: Laura Recacho Rivas, vicesecretaria xeral.
- Un vogal pola consellería competente en materia de minas:
- Como vogal titular: Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
- Como vogal suplente: María Coutinho Villanueva, subdirectora xeral de Recursos Minerais.
- Un vogal pola consellería competente en materia de facenda:
- Como vogal titular: José Mª Barreiro Díaz, director xeral da Función Pública.
- Como vogal suplente: Rubén Plaza Martínez, subdirector xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional.
- Dous vogais pola consellería competente en materia de traballo:
- Como vogal titular: Zeltia Lado Lago, directora xeral de Formación e Colocación.
- Como vogal suplente: Jesús Sanjurjo Paz, subdirector xeral de Orientación Laboral.
- Como vogal titular: Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
- Como vogal suplente: María Belén Liste Lázara, subdirectora xeral de Emprego.
- A persoa titular da Xerencia do Instituto, Mª Adela Quinzá-Torroja García.
4. Secretaria:
- Titular: Mª Encarnación Sousa Rodríguez, subdirectora xeral Técnica e de Planificación do ISSGA.
- Suplente: Alberto Conde Bóveda, xefe do servizo Técnico e de Planificación do ISSGA.
Ligazóns de interese
- CONSELLO REITOR DO ISSGA
- ORGANISMOS DE OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
-
- C.A. de Andalucía. Dirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral
- C.A. de Aragón. ISSLA. Instituto Aragonés de Seguridade e Saúde Laboral
- C.A. de Asturias.IAPRL. Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais
- C.A. de Baleares. IBASAL. Instituto de Saúde Laboral das Illas Baleares
- C.A. de Canarias.ICASEL. Instituto Canario de Seguridade Laboral
- C.A. de Cantabria. ICASST. Instituto Cántabro de Seguridade e Saúde no Traballo
- C.A. de Castilla–La Mancha. Dirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral
- C.A. de Castilla y León. Dirección Xeral de Traballo e Prevención de Riscos Laborais
- C.A. de Cataluña. Saúde e Seguridade no Traballo
- C.A. de Extremadura. Dirección Xeral de Traballo
- C.A. de la Rioja. IRSL. Instituto Rioxano de Saúde Laboral
- C.A. de Madrid. IRSST. Instituto Rexional de Seguridade e Saúde no Traballo
- C.A. de Murcia. ISSL. Instituto de Seguridade e Saúde Laboral
- C.A. de Navarra. INSSL. Instituto Navarro de Seguridade e Saúde Laboral
- C.A. do País Vasco. OSALAN. Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral
- C.A. de Valencia. INVASSAT. Instituto Valenciano de Seguridade e Saúde no Traballo
- ORGANISMOS DE ÁMBITO NACIONAL
-
- Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST)
- Ministerio de Traballo e Economía Social
- Ministerio de Sanidade
- Inspección de Traballo e Seguridade Social
- Instituto de Saúde Carlos III
- Instituto Nacional de Estatística (INE)
- Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo (AMAT)
- Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR)
- Asociación para a Prevención de Accidentes
- Fundación para a Prevención de Riscos Laborais
- Rede Española de Seguridade e Saúde no Traballo
- ORGANISMOS DE ÁMBITO INTERNACIONAL
-
- Axencia Europea de Saúde e Seguridade no Traballo
- Organización Internacional do traballo (OIT)
- Fundación Europea para a mellora das condicións de vida e de traballo (Eurofound)
- Organización Mundial da Saúde (OMS)
- American Conference of Governmental Industrial Hygienists (ACGIH)
- Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional (NIOSH)
- Occupational Safety And Health Administration (OSHA)
- Oficina Europea de Estatística