Xornada técnica "Transformación dixital e intelixencia artificial: unha mirada desde a saúde laboral"
Esta xornada técnica está organizada no marco das actuacións do Laboratorio de Riscos Psicosociais Issga-USC para 2026 no convencemento de que a transformación dixital e a incorporación da intelixencia artificial están a modificar profundamente a organización do traballo, xerando novos desafíos para a xestión das persoas, a prevención dos riscos psicosociais e a retención do talento.
A xornada celebrarase o 11 de xuño de 2026, en horario de 10:00 a 14:30 horas, en modalidade presencial, na Casa do Concello de Ribadeo e nela abordaranse cuestións clave relacionadas co impacto da dixitalización e da IA na saúde laboral, ofrecendo unha visión práctica, actualizada e baseada na evidencia sobre:
-
os novos riscos psicosociais asociados aos cambios tecnolóxicos
-
estratexias de prevención e adaptación organizativa
-
ferramentas para favorecer contornos laborais saudables e sostibles
-
claves para afrontar estes cambios con garantías legais e sociais
A actividade está especialmente dirixida a persoal directivo, responsables de recursos humanos, prevención de riscos laborais e outras áreas con interese nesta temática.
PROGRAMA
09.45 REXISTRO E BENVIDA
10.00 CONFERENCIA: “A transformación do mundo do traballo”
Antonio León García Izquierdo. Catedrático de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos da Universidade de Oviedo
11.00 INAUGURACIÓN
Representante da Universidade de Santiago de Compostela
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Daniel Vega Pérez. Alcalde do Concello de Ribadeo
11.30 CONFERENCIA: “Entre algoritmos e persoas”
Sonia María Valladares Rodríguez. Profesora de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela
12.15 PAUSA ACTIVA E CAFÉ
12.30 OBRADOIRO: “Detectar e medir os riscos psicosociais na era dixital”
César André Rivas. Xefe da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
13.00 CONFERENCIA: “O coidado das persoas en contornas dixitais: prevención e benestar laboral”
Nieves Lorenzo Espeso. Xefa da Área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
13.30 OBRADOIRO: “Deseño de traballos seguros e saudables na era dixital”
Carlos Montes Piñeiro. Profesor de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións da Universidade de Santiago de Compostela
14.15 PECHE
Carlos Montes Piñeiro. Profesor de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións da Universidade de Santiago de Compostela
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
Máis información e inscrición: web Issga_Formación