Presentación

Este portal inclúe contidos sobre campañas, actividades, información e concienciación que teñen relación coa perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais. Home e mulleres teñen condicións sociais e económicas diferentes en canto ao traballo que implican riscos e problemáticas tamén distintas en materia de seguridade e saúde laboral.

Segundo se establece na Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020 na súa execución teranse en conta os principios de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e non discriminación, de acordo coa normativa de aplicación vixente na materia. Asemade, desenvolveranse actuacións específicas en actividades e sectores feminizados e consideraranse os riscos específicos das mulleres especialmente nas situacións de embarazo, parto recente e lactación.

Cómpre mencionar que entre as funcións do ISSGA está a de promover a efectividade do principio de igualdade entre homes e mulleres, considerando as variables relacionadas co sexo na estatística, o estudo e a investigación dos riscos laborais, co obxecto de detectar e de previr as posibles situacións en que os danos derivados do traballo poidan aparecer vinculados co sexo das persoas traballadoras.

A este respecto hai que destacar a existencia no ISSGA da Comisión para a Integración da Igualdade, na que están presentes representantes da Administración e dos interlocutores sociais. É no seo desta comisión onde se planifican, deseñan e executan as actuacións nesta materia.

En cumprimento das súas funcións, o ISSGA, a través deste portal temático, pon a disposición de todas as persoas interesadas numerosa información práctica, actuacións e publicacións propias e dos organismos colaboradores co obxectivo de asesorar e orientar nos aspectos relacionados coa integración da igualdade e a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.

Acceso ao portal da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia →

Documentación técnica

Portada plan de actuación 2023 ISSGA
Plan de actuación 2023
Curso de capacitación para o desenvolvemento de funcións de nivel básico en PRL
Informe de actuacións e xestión 2020

Actualidade

22/05/2023
Lorenzana sinala que a nova Lei de igualdade de Galicia impulsará unha nova cultura empresarial co foco posto no...
13/05/2023
O ISSGA colabora nunha xornada en Santiago sobre a saúde mental no traballo
30/04/2023
O Issga promove oito obradoiros gratuítos para a prevención de riscos no coidado a persoas dependentes
28/04/2023
Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2023
26/04/2023
A Xunta avanza na elaboración da futura Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo da man dos axentes sociais
23/04/2023
A Xunta conmemorará o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo cunha semana de actos