Introdución
O Observatorio Galego de Condicións de Traballo configúrase como un espazo de xestión da información e análise das condicións de traballo en Galicia e os seus efectos sobre a seguridade e saúde laboral na poboación traballadora.
Nel se recollen e analizan os indicadores preventivos de maior relevancia, co obxecto de transformar a información en coñecemento, de xeito que apoie a toma de decisións en materia de PRL e condicións de traballo, tanto no eido técnico-científico como no social, para orientar as políticas públicas nesta materia e o seu consenso cos interlocutores sociais.
- FINALIDADE DO OBSERVATORIO
-
- Procesar e difundir a información dispoñible sobre a sinistralidade laboral en Galicia, con propostas de mellora respecto á PRL e condicións de traballo.
- Elaboración de documentación estatística derivada do tratamento dos datos que atanen á sinistralidade laboral, entendendo tanto accidentes de traballo como enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo.
- Elaboración de informes, documentos técnicos e estudos das distintas disciplinas preventivas en PRL, que a súa vez son o resultado do traballo do persoal técnico do ISSGA a través de programas executados polo propio Instituto. Isto tendo en conta os sucesivos mandatos tanto das estratexias galegas en materia de SST, como dos plans anuais de actividades do ISSGA.
- Realización de campañas, alertas e difusión de documentación técnica para a promoción da PRL e o mellor cumprimento da normativa.
Estatísticas de Accidentes de Traballo

A sinistralidade laboral en Galicia no ano 2021

A sinistralidade laboral en Galicia no ano 2020

A sinistralidade laboral en Galicia no ano 2019

A sinistralidade laboral en Galicia no ano 2018
Estatísticas de Enfermidades Profesionais

As enfermidades profesionais en Galicia no ano 2021

As enfermidades profesionais en Galicia no ano 2020

As enfermidades profesionais en Galicia no ano 2019

As enfermidades profesionais en Galicia no ano 2018
Estudos Técnicos

Sinistralidade laboral dos condutores profesionais_Galicia_2014 -2018

Sinistralidade laboral nos servizos de aloxamento e de comidas e bebidas_Galicia_2014 -2018

Análise da mortalidade por accidente de traballo en Galicia. 2005-2017

Sinistralidade laboral en traballadores de 55 e máis anos. Anos 2012-2016
Estatísticas estatais
- ESTATÍSTICAS DE SINISTRALIDADE LABORAL A NIVEL ESTATAL