Observatorio

Sinistralidade laboral do persoal traballador por conta propia_Galicia_2017-2023

Neste informe faise una exposición e análise dos accidentes laborais con baixa do persoal traballador por conta propia entre os anos 2017 e 2023, sendo a continuación do anterior que abranguía do 2009 ao 2016 e actualiza os datos do 2017.

A porcentaxe de traballadores afiliados ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) coa continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional no ano 2016 era de 22,3%, no ano 2023 era do 97,9%  (elaboración: Issga). Este aumento foi motivado polo cambio normativo respecto destas continxencias, en vigor dende o 1 de xaneiro de 2019. (R.D.L. 28/2018 de 28 de decembro.

Os accidentes contabilízanse no ano da data de baixa, sendo a orixe dos mesmos unha extracción de datos con data de 18/06/2024 da aplicación propia do Issga para o tratamento de datos de sinistralidade laboral.


Nos traballadores por conta propia cóntanse os traballadores que cotizan no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) e os traballadores por conta propia do Réxime Especial de Traballadores do Mar. Os traballadores por conta propia cotizantes deste último réxime supoñen case a totalidade dos traballadores por conta propia do sector da pesca, sendo moi poucos deles que traballan fóra deste sector, polo que no cálculo dos índices de incidencia a desviación que se produce é insignificante en relación ao total dos traballadores por conta propia. Non se dispón de datos de afiliacións de cotizantes por conta propia do R.E. do Mar.

Tendo en conta os datos de incidencia de accidentes dos traballadores autónomos non se pode descartar unha infradeclaración dos mesmos, sendo esta circunstancia imposible de comprobar sen un cruce de datos con outros rexistros administrativos.

Portada estudo

Listado de Pdf's