Nanomateriais

A necesidade de despregar actuacións de comunicación, sensibilización e abordaxe dos riscos laborais derivados da exposición a nanomateriais é recoñecida e demandada tanto polas administracións públicas como por outros actores implicados en materia de PRL. O obxectivo deste portal temático deseñado polo ISSGA é transferir coñecemento científico-técnico contrastado sobre os riscos derivados da exposición e sobre como abordar a PRL no traballo con nanomateriais.

ABC Nano

Aborda os fundamentos básicos dos nanomateriais artificiais e a nanotecnoloxía, as súas aplicacións nos diferentes sectores produtivos, tan importantes a nivel económico, e que poden levar asociados riscos para as persoas e para o medio ambiente.

MáIs información

prevención Nano

Ponse ao dispor dos diferentes tipos de usuarios (empresa, persoal traballador e os seus representantes, profesionais da PRL e da Medicina do Traballo) fontes de información e ferramentas específicas de xestión, valoración do perigo, avaliación e control de riscos laborais, relacionadas coa exposición potencial a nanomateriais.

MáIs información

sectores nano

Indícanse boas prácticas en PRL fronte á exposición potencial a nanomateriais en diferentes sectores, oficios e actividades. O formato preséntase  a través de pósteres  e pequenos vídeos que poden ser visualizados desde calquera dispositivo cun código QR.

MáIs información