PRL E NANOMATERIAIS
A dirección, todas as áreas e departamentos da empresa, o persoal traballador e as áreas técnica e médica do servizo de PRL están involucrados en garantir a seguridade e saúde das persoas que traballan con nanomateriais.
Este bloque contén as accións encamiñadas a garantir a integración da prevención que recaen sobre todos os departamentos da empresa implicados, desde a dirección ás direccións de áreas, pasando polos mandos intermedios e chegando a todas e cada unha das persoas que potencialmente poden estar expostas a nanomateriais nas actividades propias dos seus postos de traballo. Tamén se recollen as accións relativas á avaliación e xestión dos riscos laborais asociados ao traballo con nanomateriais realizadas polas áreas técnica e de saúde laboral do servizo de PRL.