Responsabilidades da empresa

1. Responsabilidade da dirección, accións e indicadores

Promover a integración da PRL no traballo con nanomateriais na empresa

Compromiso e liderado do empresariado

A empresa debe asumir a súa responsabilidade xeral en materia de prevención e actuar en consecuencia para que as distintas áreas ou departamentos da empresa asuman as súas, para que estes fagan o propio con todas as unidades das que son responsables. É dicir, que a integración da prevención en todos os niveis da empresa se estableza e promova “de arriba a abaixo".

Accións

  • Recoñecer o traballo con nanomateriais na empresa.
  • Coñecer a lexislación aplicable -laboral, ambiental e de produto- relativa á incorporación de nanomateriais na empresa. 
  • Saber cantas persoas, departamentos e áreas traballan con nanomateriais.
  • Involucrar a todas as áreas e departamentos que traballan con nanomateriais nas responsabilidades que lle corresponden sobre PRL.
  • Enlazar a cada área e departamento co Servizo de PRL para a asesoría experta en avaliación, control e xestión de riscos por posible exposición a nanomateriais.

Resultados / Indicadores de desempeño (KPI)

  • KPI 1: volumes de nanomateriais utilizados.
  • KPI 2: cumprimento da lexislación aplicable en materia de PRL, ambiental e de etiquetado e produto.
  • KPI 3: inventario de áreas e departamentos e número de persoas afectadas.
  • KPI 4: adhesión aos dous principios reitores da OMS: principio de precaución e xerarquía de medidas de control.

 

2. Responsabilidade da dirección de área, accións e indicadores

Apoiar a integración da prevención no sistema xeral de xestión

Implicación dos mandos dos departamentos afectados

As directrices de prevención de riscos laborais que se deben aplicar e orientar a cada departamento no que se manipulen nanomateriais.

As medidas preventivas aplicables en todas as actividades do departamento nas que interveñen nanomateriais.

Asegurar o adecuado intercambio de información co servizo de PRL e con outros departamentos por motivos relacionados cos nanomateriais.

Accións

  • Coñecer por parte de los responsables as etapas, os produtos e os oficios que conteñen nanomateriais e as actividades nas que se pode producir unha exposición a nanomateriais e que hai que controlar.
  • Coñecer o nivel de perigosidade de cada nanomaterial e articular a prevención tendo en conta o etiquetado e as condiciones de almacenaxe e xestión do residuo.
  • Coñecer e aplicar a xerarquía de control da exposición a nanomateriais (eliminación, substitución, medidas técnicas, medidas organizativas e EPI).
  • Redactar e difundir os protocolos nos que se estableza cando e como comunicarse con outros departamentos ou áreas da empresa e co servizo de PRL en relación cos nanomateriais.

Resultados / Indicadores de desempeño (KPI)

  • KPI 5. Inventario de oficios e actividades con potencial de exposición a nanomateriais.
  • KPI 6. Existencia de etiquetado, almacenaxe e xestión do residuo de produtos con nanomateriais.
  • KPI 7. Inventario de medidas de control da exposición a nanomateriais.
  • KPI 8. Alertas comunicativas definidas para dar a coñecer: que, cando, como e a quen comunicar os aspectos relativos a nanomateriais.

3. Comunicación efectiva

Garantir unha comunicación efectiva

Despregue da política sobre nanomateriais nos departamentos afectados

Deberase promover a formulación de consultas, por parte das distintas unidades do sistema de xestión da empresa, sempre que se presenten dubidas, en materia de prevención, en relación coas decisións ou acciones a tomar ou emprender.

Deberase informar dos cambios, os sucesos (por exemplo, un accidente) ou outras circunstancias que se entende que deban ser comunicadas.

Designarase un interlocutor (unidade ou persoa) a través da cal se canalice o intercambio de información entre a empresa e o Servizo de PRL.

Atenderanse axilmente as consultas e peticións que se formulen, coa rapidez que requira a importancia ou urxencia da cuestión formulada, e mediante persoal que coñeza as características e problemática da empresa.

Accións

  • Dispor dun sistema de identificación da presenza de nanomateriais en novos produtos ou materias primas.
  • Establecer que tipo de sucesos e circunstancias se deben comunicar ao Servizo de PRL (accidentes, novos materiais, novas incorporacións de persoal, etc.).
  • Designar un interlocutor entre os distintos departamentos da empresa (recursos humanos, produción, compras...) e o Servizo de PRL.
  • Establecer canles de comunicación corporativos cun tempo de resposta máximo en función da tipoloxía da consulta (ordinaria, urxente, extraordinaria).

Resultados / Indicadores de desempeño (KPI)

  • KPI 9. Protocolo de comunicación.
  • KPI 10. Canles de comunicación segundo prioridade.
  • KPI 11. Actualización de novos produtos.
  • KPI 12. Interlocutor sobre aspectos relacionados cos nanomateriais en cada departamento afectado.

4. Seguimento do desempeño da empresa

Valorar a integración da prevención

Seguimento do desempeño

Valore a integración sempre que se revise (periódica ou ocasionalmente) a avaliación dos riscos. De consideralo necesario, realice valoracións adicionais para examinar sistematicamente a integración da prevención nas distintas unidades do sistema de xestión, en particular, tras a primeira implantación das medidas de integración e cando se detecte un posible fallo na integración.

Indique, para cada fallo de integración, a unidade na que se produciu, especificando a súa natureza e concretando a función (por exemplo, a de control) que se desempeñou incorrectamente.

Inclúa as medidas correctoras correspondentes na proposta de planificación da actividade preventiva.

Accións

  • Valorar la integración da prevención de forma periódica (séguense os procedementos operativos, as medidas de control funcionan, utilízanse os EPI, a formación e información están ao día, os incidentes rexístranse e os accidentes investíganse).
  • Realizar unha nova valoración sempre que se introduzan cambios nas condicións de traballo con nanomateriais.
  • Valorar a eficiencia dos sistemas de control da exposición.
  • Rexistrar, analizar e documentar os fallos de control da exposición.
  • Introducir medidas correctoras (técnicas, comunicación, formación, organizativas) para os fallos detectados.

Resultados / Indicadores de desempeño (KPI)

  • KPI 13. Informes periódicos dos resultados das valoracións da integración da prevención.
  • KPI 14. Informes periódicos da valoración da eficiencia dos sistemas de control da exposición.
  • KPI 15. Informes periódicos do rexistro, análise dos fallos de control da exposición.
  • KPI 16. Informes das medidas correctoras dos fallos detectados.

5. Información e consulta ao persoal traballador

Consulta e participación do persoal traballador

Consulta e participación

A empresa ten a obriga legal de informar ao persoal ou aos seus representantes sobre todo aquilo que pode afectar a súa seguridade e saúde e das medidas de prevención e protección, tanto xerais como específicas, das súas actividades nos seus postos de traballo.

Co asesoramento do servizo de prevención, establecerá o alcance, a ocasión e os destinatarios das consultas pertinentes.

A empresa indicaralle aos representantes dos traballadores a súa disposición para atender as súas consultas e ter en conta as súas observacións, sen prexuízo de que iso se realice seguindo un procedemento determinado, acordado polo empresariado, o persoal traballador e o propio servizo de prevención.

Accións

  • Responder as consultas sobre seguridade e saúde no traballo en relación coa exposición a nanomateriais. 
  • Informar dos resultados da avaliación de riscos e do plan de prevención en relación cos nanomateriais.
  • Pór a disposición do persoal traballador un punto de atención para as consultas sobre nanomateriales non contempladas nas preguntas frecuentes do portal de información.

Resultados / Indicadores de desempeño (KPI)

  • KPI 17. Consultas realizadas ao persoal sobre seguridade e saúde no traballo con nanomateriais.
  • KPI 18. Accións informativas ao persoal sobre os resultados da avaliación de riscos por exposición a nanomateriais.
  • KPI 19. Puntos de atención para consultas sobre nanomateriais.
  • KPI 20. Número de consultas sobre nanomateriais realizadas polo persoal.