Presentación

A Promoción da Saúde no Traballo (PST) refírese aos esforzos conxuntos do empresariado, as persoas traballadoras e a sociedade civil para mellorar a saúde e o benestar das persoas cando traballan.

O lugar de traballo desenvolve un importante papel no establecemento dos estilos de vida saudables e o apoio ás actividades que evitan a deterioración da capacidade funcional.

O obxectivo da PST é crear espazos laborais que protexan, promovan e apoien a seguridade e saúde no traballo e o benestar das persoas traballadoras para acadar traballadores e traballadoras sans en empresas saudables.

Nunha organización saudable o benestar dos traballadores e traballadoras debe ser parte primordial do conxunto de valores no que a seguridade e saúde laboral está por encima de calquera consideración e involucrar a persoas, provedores, colaboradores e clientes das empresas.

Unha empresa saudable significa, que ademais do cumprimento legal en prevención de riscos laborais, a saúde das persoas traballadoras xestiónase desde un enfoque integral e integrado e considérase a saúde en todas as políticas da empresa. Na actualidade, o concepto de "lugares de traballo que fomentan a saúde", que comprende a xestión de riscos e a promoción  da saúde no lugar de traballo, representa un enfoque máis global e integrado, no que se abordan os factores de risco individuais e o comportamento en relación coa saúde, así como os factores de risco físicos e psicosociais do traballo.

A poboación activa europea está en proceso de envellecemento: en 2030 espérase que as persoas traballadoras de 55 a 64 anos representen o 30 % ou máis da poboación activa total en moitos países. A idade de xubilación oficial está a atrasarse en numerosos Estados membros e, en consecuencia, é probable que moitos traballadores e traballadoras se enfronten a unha vida laboral máis longa e a unha prolongación da exposición a perigos no traballo, así como á transformación do mundo laboral (por exemplo, condicións e contorna de traballo flexibles). Co fin de evitar o aumento dos problemas de saúde, deben tomarse medidas para garantir unhas condicións de traballo seguras e saudables ao longo de toda a vida laboral.

Das intervencións das empresas en PST evidéncianse non só melloras na saúde e calidade de vida da poboación traballadora, senón tamén na produtividade, a calidade do produto ou servizo e en suma, a competitividade e sustentabilidade da empresa e a contención dos custos ligados á mala saúde.

A protección e a promoción da saúde e a seguridade dos traballadores e traballadoras require unha coordinación efectiva, a escala comunitaria e nacional, entre a política de saúde e seguridade no traballo e as demais políticas que poden repercutir nela. Neste proceso, é esencial implicar aos traballadores e ter en conta as súas necesidades e os seus puntos de vista respecto dos métodos de organización do traballo e do centro de traballo.

 

 

A intervención en promoción da saúde favorece unha aproximación global, multinivel e positiva da saúde e ten en conta as áreas para a acción recomendadas pola OMS.

O proxecto intégrase noutros programas internos (PRL, RSC, RRHH, etc.) e os obxectivos son coherentes coas necesidades detectadas, os métodos planificación e ferramentas adaptáronse aos obxectivos e previuse un plan de avaliación e mellora. O proceso é un proceso continuo.

A actuación baséase nun concepto de saúde biopsicosocial; actúase de forma equilibrada sobre a persoa, a contorna e a organización.

Os programas de PST reducen os custos directos asociados á asistencia sanitaria, pero tamén ao absentismo por enfermidade, á rotación de persoal e á sinistralidade laboral. Esta evidencia, cada vez máis sólida, non debería ser pasada por alto polas empresas, sobre todo se queren ser sustentables e competitivas.

As investigacións demostran que cada euro investido en PST obtén unha rendibilidade do investimento de entre 2,5 e 4,8 euros en concepto de diminución dos custos por absentismo.

Este portal inclúe información e recursos para que as empresas poidan adoptar boas prácticas de PST, así como información sobre actividades que se realizan neste eido tanto polo ISSGA como por outros organismos especializados en seguridade e saúde laboral.

 

QUE É A PROMOCIÓN DA SAÚDE NO TRABALLO?

O lugar de traballo é unha contorna moi apropiada para o desenvolvemento de actuación de promoción e prevención da saúde. Neste ámbito xorde o concepto da  "Promoción da Saúde no Traballo” ( PST), definido pola Rede Europea de Promoción da Saúde no Traballo (ENHWP) na súa Declaración de Luxemburgo como “ axuntar os esforzos dos empresarios, os traballadores e a sociedade para mellorar a saúde e o benestar das persoas no lugar de traballo”.

A PST é unha estratexia empresarial moderna que aspira á prevención dos riscos profesionais (enfermidades profesionais, accidentes, tensións, entre outros) e a aumentar a capacidade individual da poboación traballadora para manter a súa saúde e calidade de vida. Por tanto, a PST debe incluír medidas dirixidas ao individuo e ao ambiente, que persigan non só controlar o risco derivado da actividade laboral, senón ir máis aló, implantando actuacións dirixidas a protexer e mellorar a saúde dos traballadores.

A relación entre certos factores de risco e o incremento do absentismo laboral e o descenso da produtividade das organizacións foi amplamente analizada.

Na literatura científica descríbese que as persoas traballadoras con falta de soño presentan dúas veces máis problemas de rendemento que o resto, que a mala xestión da tensión ocasiona perdas de 5,3 horas por semana e traballador, que os traballadores con sobrepeso ou con obesidade presentan maior número de baixas, que o total de días de traballo perdidos por problemas de saúde é significativamente maior para fumadores que para non fumadores, o que se estimou en perdas de produtividade de 2000$ por persoa e ano ou que as persoas que non fan exercicio reportaban o dobre de baixas que as persoas que facían exercicio polo menos unha vez por semana.

As iniciativas saudables reportan beneficios económicos ás organizacións que as implementan en termos de incremento a produtividade, competitividade e sustentabilidade das empresas e diminución dos custos sanitarios e de Seguridade Social. Por cada euro gastado en programas de benestar nas empresas obtense un retorno da investimento media de 2,54 euros.

As actividades máis habituais na PST son:

  • Incremento da actividade física
  • Nutrición e saúde
  • Abandono ou redución do consumo de tabaco
  • Prevención do consumo de alcol e outras adiccións
  • Control do peso e obesidade
  • Saúde mental e tensión
  • Equilibrio e conciliación entre a vida persoal e o traballo
  • Envellecemento activo
DECLARACIÓN DE LUXEMBURGO E PROCESO DE ADHESIÓN

No ano 1997, a Rede Europea de Promoción da Saúde no Traballo (ENWHP) elaborou a Declaración de Luxemburgo, documento consenso no que se establecían os principios básicos de actuación e o marco de referencia dunha boa xestión da saúde dos traballadores na empresa.

Desde entón, múltiples organizacións a nivel europeo (entre elas un grupo de empresas españolas) adheríronse á Declaración de Luxemburgo, incorporando os seus principios ás estratexias empresariais e aos servizos ofrecidos aos seus clientes ou asociados.

As organizacións que desexen adherirse á Declaración de Luxemburgo:

  • Comprométense a poñer en práctica os principios que nela se defenden e a difundila
  • Están dispostas a compartir e promover os seus coñecementos e boas prácticas no ámbito da PST
  • Farano como persoa xurídica (a adhesión como persoa física non se contempla na citada Declaración)
  • Cando se trate dun grupo de empresas que non teña personalidade xurídica propia, deberá adherirse cada empresa do grupo por separado

 

Como empresa adherida, a organización:

  • Aparecerá na listaxe de empresas e organizacións adheridas no Portal de PST
  • Recibirá un diploma da súa adhesión á Declaración de Luxemburgo

 

Na seguinte ligazón pode consultarse a información sobre o proceso de adhesión á Declaración de Luxemburgo.

REDE DE EMPRESAS SAUDABLES E RECOÑECEMENTO DE BOAS PRÁCTICAS EN PST

A Rede Europea de Promoción da Saúde no Traballo (ENHWP), baixo os auspicios da Comisión Europea, emprendeu unha serie de iniciativas por toda Europa, convertendo a PST nun campo de actuación da saúde pública a nivel nacional e europeo.

O INSST, como membro da NHWP e organismo que ostenta a presidencia da mesma, puxo en marcha o proxecto “Empresas saudables” co interese de recoñecer o traballo das empresas no ámbito da mellora da saúde e benestar dos seus traballadores, así como promover a cultura da saúde, e o intercambio de experiencias empresariais.

O proxecto persegue igualmente xerar alianzas entre as empresas, administracións e organizacións públicas e privadas ao redor destes problemas. Pódese atopar máis información sobre o proxecto Empresas Saudables do INSST no seu portal de PST.

Na seguinte ligazón pódese obter máis información sobre o proceso de recoñecemento de boas prácticas en PST por parte do INSST.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Portal de Promoción da Saúde no Traballo do INSST

Campañas "Traballos Saudables" da EU-OSHA

 

Acceso ao portal de Promoción da Saúde no Traballo do INSST →

Documentación técnica

Portada plan de actuación 2023 ISSGA
Plan de actuación 2023
Informe de actuacións e xestión 2020
Políptico. As empresas ante a gripe pandémica A/H1N1 2009: Plan de actuación
Políptico. As empresas ante a gripe pandémica A/H1N1 2009: Plan de actuación

Actividades

31/05/2023
Promoción da saúde no lugar de traballo. Moverse máis e mellor
A Coruña

Actualidade

13/05/2023
A Xunta apoiará a XIII edición do Congreso de Prevención de Riscos Laborais en Iberoamérica que se celebrará en xuño en...
13/05/2023
O ISSGA colabora nunha xornada en Santiago sobre a saúde mental no traballo
11/05/2023
A Rede española de seguridade e saúde no traballo comeza a preparar a campaña europea que se lanzará en outubro
09/05/2023
A nova estratexia de seguridade e saúde laboral que a Xunta deseña cos axentes sociais dará resposta aos riscos...
28/04/2023
Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2023
28/04/2023
O ISSGA organiza e participa en diversas actividades con motivo do Día mundial da seguridade e saúde no traballo