Eventos

Foro da prevención do risco psicosocial

Santiago de Compostela

Imaxe
Imaxe

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en colaboración coa Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL), organiza o Foro da prevención do risco psicosocial, que se celebrará o próximo 31 de outubro de 2025 no Hotel NH Collection de Santiago de Compostela.

Esta iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia, constitúe un espazo de encontro e reflexión sobre os desafíos actuais na xestión dos riscos psicosociais no ámbito laboral, especialmente nun contexto marcado pola transformación dixital e a irrupción da intelixencia artificial.

A xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja García, participará no relatorio inaugural cunha exposición sobre as "Claves para a prevención do risco psicosocial desde a perspectiva do ISSGA".

O foro está dirixido a persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, responsables de prevención de riscos laborais, técnicos de recursos humanos e todas aquelas persoas interesadas en mellorar o benestar e o clima laboral nas súas organizacións.

Neste foro abordaranse, ademais, os seguintes temas:

  • Retos na xestión do risco psicosocial nunha era de cambios constantes 

  • O impacto da intelixencia artificial no ámbito laboral

  • Estratexias e boas prácticas para mellorar a xestión do risco psicosocial