Perfil do contratante

Dende o Perfil do contratante do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia pode obter información sobre os procedementos de contratación deste organismo, así como acceder á información sobre os procedementos de contratación da Xunta de Galicia.

ÓRGANO DE CONTRATACIÓN: Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)

ENDEREZO: Edificio Igape-Issga, 3º andar Complexo administrativo San Lázaro, s/n 15703 Santiago de Compostela

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS:

TÉLEFONO DE CONTACTO: 981 957 018

CORREO ELECTRÓNICO: issga.subdireccionpersoal@xunta.gal

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS: https://silex.conselleriadefacenda.es/SLE_Internet/

PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN DO INSTITUTO DE SEGURIDADE E SÁUDE LABORAL DE GALICIA (ISSGA)

PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

Convenios de colaboración

O ISSGA asina anualmente convenios de colaboración que poden ser consultados no Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia.

Normativa

DESCRICIÓN

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia é un organismo autónomo dos previstos no artigo 11.b) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, adscrito organicamente á consellería competente en materia de traballo, que se configura como un órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais, goza de personalidade xurídica de seu, autonomía funcional e plena capacidade de obrar.

Correspóndelle ao Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia creado pola Lei 14/2007, do 30 de outubro, a xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade, hixiene e saúde laboral establezan os poderes públicos da comunidade autónoma para a mellora das condicións de traballo, co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais neste ámbito e das competencias atribuídas a outros departamentos da Xunta de Galicia.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia estende a súa actuación a todas as empresas e á totalidade de persoal traballador, homes e mulleres, respecto dos centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as administracións públicas e o persoal ao seu servizo. Na súa actuación inclúe especificamente as cooperativas de traballo asociado e as demais cooperativas en relación cos seus socios e socias de traballo.

Así mesmo levará a cabo actividades de promoción da prevención de riscos laborais en relación coas traballadoras e os traballadores por conta propia e co conxunto da poboación, prestándolles especial atención ás actividades de prevención dirixidas a pequenas e medianas empresas.

Para levar adiante estas tarefas, o ISSGA conta con diversas ferramentas, entre as que destacamos os catro centros provinciais de seguridade e saúde laboral.

FINALIDADES BÁSICAS

As actuacións para desenvolver no marco da seguridade e saúde laboral deben partir dunha formulación global de benestar no traballo e dun contorno de traballo de calidade, levando ao establecemento dunhas finalidades básicas:

  1. Desenvolver accións de información, divulgación e formación, en materia preventiva.
  2. Realizar o asesoramento e o control das accións técnico-preventivas, sen prexuízo das competencias da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dirixidas á diminución dos riscos laborais, dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais que se realicen nas empresas para elevar a protección da seguridade e a saúde das traballadoras e dos traballadores.
  3. Prestarlles ás empresas, con especial atención ás pequenas e medianas empresas, ás traballadoras e traballadores, ás administracións públicas, aos sindicatos, ás asociacións empresariais e aos demais axentes económicos e sociais asesoramento e asistencia técnica para o mellor cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
  4. Realizar o seguimento, coordinar e promover a colaboración de accións en materia de prevención de riscos laborais dos diferentes departamentos da Administración autonómica, así como aqueles organismos estatais e internacionais orientados aos mesmos fins.
  5. Fomentar a prevención de riscos laborais a través do seu tratamento como materia horizontal no ensino regrado e non regrado.

Funcións e competencias

O obxecto do ISSGA é a xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade e saúde laboral establezan os poderes públicos da Comunidade Autónoma, para a mellora das condicións de traballo co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo.

Funcións
  • Analizar, investigar e avaliar as causas e os factores determinantes dos riscos laborais, dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais, abordar o seu estudo preventivo e propor, de ser o caso, medidas correctoras.
  • Coñecer, tratar, elaborar e difundir os informes e os datos estatísticos sobre sinistralidade laboral e condicións de traballo.  
  • Elaborar, promover e desenvolver programas de investigación sobre métodos e técnicas de seguridade e saúde no traballo.  
  • Promover a efectividade do principio de igualdade entre homes e mulleres, considerando as variables relacionadas co sexo na estatística, o estudo e a investigación dos riscos laborais, co obxecto de detectar e de previr as posibles situacións en que os danos derivados do traballo poidan aparecer vinculados co sexo das persoas traballadoras.
  • Asesorar tecnicamente para a elaboración e a reforma da normativa en materia de seguridade e saúde no traballo e mais elaborar recomendacións sobre condicións de traballo dos grupos especiais de risco.
  • Prestarlles colaboración, asesoramento técnico e coordinación á autoridade laboral, á Inspección de Traballo e Seguridade Social e mais ás autoridades xudiciais e ás institucións públicas que o demanden.
  • Efectuar plans e cursos de formación e accións informativas en relación coa seguridade e a saúde laboral.
  • Apoiar e promover as actividades desenvolvidas polo empresariado e persoal traballador e as súas respectivas organizacións representativas, en prol da mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, da investigación e o fomento de novas formas de protección e mais da promoción de estruturas eficaces de prevención.
  • Estudar e vixiar as condicións de traballo que poidan resultar nocivas, insalubres e/ou perigosas para as mulleres traballadoras durante os períodos de embarazo e lactación, para os menores e para os traballadores e traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos, para acomodar no caso necesario a súa actividade laboral a un traballo compatible coa súa específica situación de saúde.
  • Programar e realizar controis xerais e sectoriais sobre as condicións de seguridade e saúde laboral nas empresas, coa prestación a estas e aos representantes legais dos/as traballadores/as do asesoramento pertinente e a comunicación das correccións necesarias.
  • Efectuar estudos, informes e asesoramento técnico sobre postos, locais e centros de traballo, materias primas e produtos intermedios e finais, na medida en que poidan supor riscos para a saúde das traballadoras e dos traballadores.
  • Asesorar e avaliar o funcionamento dos órganos técnicos das empresas en materia de seguridade e saúde laboral.
  • Efectuar os informes técnicos para a acreditación ou a autorización dos servizos de prevención alleos, entidades formativas e persoas ou entidades especializadas para levar a cabo auditorías ou avaliacións dos sistemas de prevención, agás nas materias que son competencia da Administración sanitaria, e o seguimento das súas act

Actividade

PLANS DE ACTUACIÓN

O ISSGA desenvolve a súa actuación mediante un plan anual, como instrumento fundamental para dar cumprimento aos seus fins e desenvolver as funcións que lle son propias, no marco da estratexia que nesta materia adoptan os poderes públicos de Galicia. 

É obxecto do plan anual o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, asesoramento técnico, formación, información e seguimento e control en materia de SST, na execución da vixente estratexia galega. Para a consecución dese obxectivo, este documento de planificación ten unha dobre finalidade:

  • Por unha banda, servir de guión para a execución das funcións e desenvolvemento das actividades técnicas
  • Pola outra, dar a coñecer coa máxima transparencia a todas as persoas e entidades interesadas a planificación das actividades e mesmo a busca de actores que se sumen a estas actuacións

Ao abeiro do artigo 36 dos estatutos, o Plan será aprobado, por proposta do Consello Reitor, por orde da consellería competente en materia de traballo, dentro do marco da súa estratexia plurianual, contando co informe favorable da consellería competente en materia de facenda, consonte ao establecido pola lexislación de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia.

INFORMES DE ACTUACIÓN E XESTIÓN

Este documento explicativo do traballo realizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia dá resposta ao mandato do Decreto 165/2014, do 11 de decembro polo que se aproban os estatutos deste organismo autónomo, que indica que a Xerencia elaborará un informe xeral anual de actuación e xestión no que se reflectirá con claridade a actividade desenvolvida no exercicio precedente (artigo 37), cuxa aprobación corresponde ao Consello Reitor (artigo 16.d), e que posteriormente a Xerencia remitirá ao Parlamento para o exercicio do control parlamentario (artigo 22.h).

Estas actuacións deben enmarcarse no mandato legal que encarga ao ISSGA a xestión e a coordinación que nas distintas disciplinas preventivas (seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo) estableza a Xunta de Galicia para a mellora das condicións laborais co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo.

Este informe, ademais de para dar cumprimento do disposto nas normas mencionadas, evidencia a total transparencia nos obxectivos, nas actuacións e nos resultados acadados, a transversalidade das funcións atribuídas ao ISSGA polo seu labor de coordinación con outras unidades administrativas e a participación dos interlocutores sociais.
Preténdese tamén con este resumo de actividades no eido da seguridade e a saúde no traballo servir de promoción e de impulso para reforzar o compromiso de todos os actores implicados nas relacións laborais e para o fortalecemento do ISSGA como órgano técnico na materia que co seu traballo asente a planificación e xestión preventiva dos riscos como alternativa á sinistralidade (accidentes de traballo e enfermidades profesionais) e a mellora continua das condicións de traballo para acadar un traballo máis seguro e de máis calidade na sociedade galega.

Todo o anterior e os traballos futuros deben enmarcarse no mandato legal que encarga ao Issga a xestión e a coordinación que nas distintas disciplinas preventivas (seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo) estableza a Xunta de Galicia para a mellora das condicións laborais co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo.

Esta informe, ademais de para dar cumprimento do disposto nas normas mencionadas, evidencia a total transparencia nos obxectivos, nas actuacións e nos resultados acadados, a transversalidade das funcións atribuídas ao Issga polo seu labor de coordinación con outras unidades administrativas e a participación dos interlocutores sociais. Preténdese tamén con este resumo de actividades no eido da seguridade e a saúde no traballo servir de promoción e de impulso para reforzar o compromiso de todos os actores implicados nas relacións laborais e para o fortalecemento do Issga como órgano técnico na materia que co seu traballo asente a planificación e xestión preventiva dos riscos como alternativa á sinistralidade (accidentes de traballo e enfermidades profesionais) e a mellora continua das condicións de traballo para acadar un traballo máis seguro e de máis calidade na sociedade  galega.

 

Persoal

Efectivos:

Réxime económico:

Selección de persoal:

Condicións de traballo:

Pactos reguladores de condicións de traballo:

Acordo entre a Administración da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais sobre determinadas condicións especiais de traballo para o establecemento das gardas dos técnicos dos centros de seguridade e saúde laboral con base no protocolo de coordinación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fiscalía de Galicia, para a investigación eficaz e rápida dos delitos contra a vida, a saúde e a integridade física dos traballadores, así como para a execución efectiva das sentenzas condenatorias.

 

Orzamento e patrimonio

VEHÍCULOS:

Número de vehículos do Instituto: 19 (propiedade).

Procedementos

Tramitación das solicitudes de alta e baixa no Rexistro de Empresas con Risco por Amianto (RERA) de Galicia.

Tramitación dos plans de traballo de amianto.

ENCOMENDAS DE XESTIÓN

Encomenda de xestión para o desenvolvemento material de diferentes actividades relacionadas coa tramitación de expedientes e rexistro de datos en aplicación do Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables ao traballo con risco de exposición ao amianto.

Orde do 2 de decembro de 2008, pola que se publica o acordo de encomenda de xestión

CALIDADE

O ISSGA pon a disposición das persoas interesadas o servizo consistente na realización de determinacións analíticas de mostras ambientais e biolóxicas procedentes da exposición a axentes químicos. Este servizo lévase a cabo a través do Laboratorio de referencia de hixiene analítica, situado no centro do ISSGA en Pontevedra.