Este documento aborda os riscos emerxentes asociados ás tecnoloxías dixitais no lugar de traballo e as medidas preventivas para garantir contornas laborais máis seguras e saudables.
Entre os principais riscos destacan o tecnoestrés e a tecnoadicción, a tecnofobia, o illamento social derivado do traballo remoto, a sobrecarga laboral e a inseguridade profesional. Ademais, o uso intensivo de ferramentas dixitais pode agravar problemas ergonómicos e psicosociais, e supón desafíos éticos en materia de privacidade e protección de datos
Avances tecnolóxicos que transforman o emprego
A automatización e a robótica colaborativa permiten reducir tarefas perigosas, mentres que a intelixencia artificial e a xestión algorítmica optimizan decisións, pero tamén introducen riscos de perda de autonomía e sesgos. O Internet das Cousas (IoT) mellora a seguridade e o control, aínda que incrementa a exposición a ameazas de ciberseguridade. Pola súa parte, as plataformas dixitais colaborativas e a realidade virtual e aumentada facilitan novas formas de traballo e formación, pero poden causar fatiga dixital e problemas visuais ou posturais.
Os obxectivos ante os retos que presenta a dixitalización e as TIC no traballo poderían incluír:
- 
Sensibilizar e profundar no coñecemento sobre os riscos e as oportunidades que a transformación dixital implica para a seguridade e saúde no traballo. 
- 
Concienciar sobre un uso seguro. 
- 
Promover unha xestión proactiva e de boas prácticas. 
- 
Fomentar o intercambio de información e coñecementos. 
