07/04/2026
LUGO_Aplicación práctica de metodoloxías ergonómicas de posturas, manipulación de cargas e movementos repetitivos
- Data: 07/04/2026 a 09/04/2026
- Inscrición: 09/03/2026 a 01/04/2026
- Duración: 8 horas
- Prazas: 20
- Lugar de celebración: Centro ISSGA de Lugo. Ronda de Fingoi, 170, 27071 Lugo
- Consultar a ubicación en Google Maps
Queres inscribirte? →Inscribirme
Lugar e horarios
Centro ISSGA_Lugo: 7 e 9 de abril de 2026. De 10:00 a 14:00 horas.
Obxectivo do seminario:
Apoiar a integración real da xestión dos riscos ergonómicos nas empresas e poñer en valor e especializar ao persoal técnico ao que lle corresponde asesorar nesta materia.
Desenvolvemento do seminario:
Os cursos teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.
Horario: o horario dos cursos desenvolverase preferentemente a partir das 10 horas, sen prexuízo de que se poida variar para facilitar o desenvolvemento das prácticas ou a asistencia. Os datos relativos ao enderezo do centro onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.
Así mesmo, na páxina web do ISSGA poderase consultar calquera outra información relacionada co desenvolvemento destes cursos.
Persoas destinatarias:
Persoal técnico de nivel superior da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada dos servizos de PRL así como o que preste servizo nos gabinetes de seguridade e saúde laboral das organizacións empresariais e sindicais e asesore ás empresas e ao persoal traballador neste ámbito.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
-
Grupo con prioridade 1: Persoal técnico de nivel superior en PRL da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada que estea en activo nun servizo de prevención de riscos laborais.
-
Unha vez determinadas as persoas integrantes deste grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
-
Grupo con prioridade 2: resto de persoal técnico de nivel superior en PRL da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
-
Unha vez determinadas as persoas integrantes deste grupo, a selección entre estas persoas realizarase tendo en conta a orde de inscrición.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se atopa ao final . O prazo para presentar as solicitudes remata 10 días naturais antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 20 alumnos/as por curso.
No caso de precisar algún tipo de aclaración ou información adicional, poderanse facer:
-
no teléfono 881 999 489, sobre o proceso de solicitude
-
no teléfono 881 999 398, sobre os contidos técnicos do seminario
-
por correo electrónico no enderezo ISSGA.formacion [at] xunta.gal (ISSGA[dot]formacion[at]xunta[dot]gal)
Entenderase que cada persoa solicitante faise responsable da veracidade de todos os datos e información aportada na solicitude.
No caso de non chegar a un mínimo de alumnos, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anular o seminario, o que se comunicará coa antelación suficiente ás persoas solicitantes.
Certificado da asistencia a formación:
Ao remate de cada seminario o ISSGA expedirá un certificado ao alumnado que cumpra os requisitos de asistencia.
Custo dos seminarios e financiamento:
Este seminario será gratuíto para as persoas seleccionadas.
1. Trastornos musculoesqueléticos de orixe laboral (15 minutos)
2. Factores de risco (15 minutos)
3. Métodos de avaliación de risco ergonómico (30 minutos)
4. Aplicación práctica de metodoloxías para avaliación de posturas (2 horas)
5. Aplicación práctica de metodoloxías para avaliación de manipulación manual de cargas (2 horas)
6. Aplicación práctica de metodoloxía para avaliación de movementos repetitivos (3 horas)
Solicitude de inscrición
Por favor, introduza os datos que se lle solicitan a continuación tendo en conta que, no caso de ser desempregado, non debe cubrir os datos relativos á empresa. Os campos marcados con asteriscos (*) son obrigatorios.