Novas

Venres, Outubro 24, 2025

Asistimos a unha Xornada Técnica sobre seguridade e saúde no sector da pizarra

imaxe clúster da pizarra

Carballeda de Valdeorras, 24 de outubro de 2025

O  ISSGA leva a cabo diversas actuacións sobre  exposición a sílice cristalina respirable, entre as que destacan: Investigación de enfermidades provocadas pola inhalación de SCR (silicose e cancro de pulmón), actuación dos técnicos habilitados con efectos comprobatorios e de asistencia técnica, campaña de sensibilización en talleres e obras ademais da participación do ISSGA en distintos grupos de traballo relacionados con este tema.

No día de hoxe  técnicos do Issga asistiron a  unha xornada técnica  organizada polo Cluster da Pizarra de Galicia no Centro Tecnolóxico da Pizarra situado en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) na  que se abordaron distintos aspectos relativos a prevención de riscos laborais no sector da lousa  así como algunhas das  actuacións que se teñen levado a cabo con obxecto de reducir a exposición dos traballadores  ao sílice nesta  industria.