Biblioteca

Relatorios da xornada técnica "Avaliación dos riscos psicosociais" no Centro ISSGA de Pontevedra

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) celebrou o 18 de marzo no seu centro emprazado en Pontevedra (Rande-Redondela), unha xornada técnica sobre "Avaliación dos riscos psicosociais".

A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida polos seguintes relatores:

  • A avaliación do risco psicosocial.

Relatora: Clotilde Nogareda Cuixart, especialista en psicosocioloxía do Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona do INSHT.

  • Intervención en riscos psicosociais.

Relatora: Sofia Vega Martínez, Especialista en psicosocioloxía do Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona do INSHT.

  • Avaliación e a intervención en riscos psicosociais dende o punto de vista dun Servizo de Prevención Alleo.

Relator: Juan Carlos Fernández Arias. Responsable a nivel nacional da especialidade de riscos psicosociais da Sociedade de Prevención de FREMAP.