O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) celebrou o 18 de marzo no seu centro emprazado en Pontevedra (Rande-Redondela), unha xornada técnica sobre "Avaliación dos riscos psicosociais".
A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida polos seguintes relatores:
- A avaliación do risco psicosocial.
Relatora: Clotilde Nogareda Cuixart, especialista en psicosocioloxía do Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona do INSHT.
- Intervención en riscos psicosociais.
Relatora: Sofia Vega Martínez, Especialista en psicosocioloxía do Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona do INSHT.
- Avaliación e a intervención en riscos psicosociais dende o punto de vista dun Servizo de Prevención Alleo.
Relator: Juan Carlos Fernández Arias. Responsable a nivel nacional da especialidade de riscos psicosociais da Sociedade de Prevención de FREMAP.