Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo_28 de abril
Cada 28 de abril, a Organización Internacional do Traballo conmemora o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, centrándose nun tema prioritario nesta materia. Este ano, o día Mundial centrarase en “Revolucionar a saúde e a seguridade: o papel da IA e la dixitalización no traballo”.
Este tema examinará varias novas tecnoloxías desde a perspectiva da seguridade e saúde no traballo, incluíndo:
• Robots avanzados
• Intelixencia artificial e aprendizaxe automática
• Exoesqueletos
• Vehículos aéreos non tripulados
• Internet das cousas
• Realidade virtual e aumentada
A campaña tamén destacará novas prácticas laborais, como a automatización de tarefas, a análise de grandes datos, os sistemas dixitais intelixentes e a xestión de persoas traballadoras a través da IA.
As novas tecnoloxías tamén deron lugar a novos tipos de traballo, como o traballo en plataformas dixitais e o traballo remoto/híbrido/teletraballo, que serán examinados en maior profundidade.
Con motivo desta celebración dende a Xunta de Galicia se emite unha declaración institucional na que se recolle o compromiso do goberno galego para garantir un emprego de calidade e como afronta a través da Estratexia de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia: Horizonte 2027 a transformación dixital no traballo para axudar a creación de contornas laborais seguras e saudables cun enfoque centrado na persoa traballadora e que a xestión e deseño das tecnoloxías dixitais sexan seguras e produtivas ante estes desafíos emerxentes.
Ademais, se organiza, participa e colabora, a través do ISSGA, en diversas eventos, actividades formativas e actos que se indican a continuación.
ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO – 28 DE ABRIL
1. ACTOS ORGANIZADOS POLO ISSGA
-
22 de abril_Centro Issga_Lugo
Xornada técnica de presentación da “Guía de boas prácticas para a xestión preventiva dende a perspectiva de xénero”, en colaboración co Laboratorio-Observatorio de Saúde Laboral do Instituto Andaluz de Prevención de Riscos Laborais.
Obxectivo: concienciar sobre a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero na xestión da prevención, garantindo que a seguridade e saúde no traballo teña en conta as diferenzas en exposición a riscos, condicións laborais e acceso a medidas preventivas entre homes e mulleres.
-
24 de abril_Xornada técnica_webinar
“A transformación tecnolóxica na prevención de riscos laborais”, en colaboración con Fraternidad _Muprespa
Obxectivo: abordar as oportunidades e os desafíos que supón a incorporación das novas tecnoloxías no entorno laboral, e como estas poden mellorar a prevención de riscos laborais.
-
28 de abril_ Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela
Xornada técnica “Persoal técnico en PRL: invisibles no éxito”
Obxectivo: poñer en valor o papel esencial do técnico de prevención de riscos laborais para garantir a seguridade e o benestar das persoas traballadoras. O seu labor contribúe a reducir os riscos laborais, previr accidentes e enfermidades profesionais e promover unha contorna de traballo seguro. Con todo, é importante cuestionarse se o seu papel está a ser realmente valorado en actualidade.
-
29 de abril_Centro Issga_Pontevedra
Visitas á Escola Galega de Prevención por alumnado de educación primaria.
-
30 de abril_Xornada técnica_webinar
“Workshop: ollos sans” en colaboración con McMutual
Obxectivo: sensibilizar ao persoal traballador sobre os riscos derivados da fatiga visual e a Síndrome Visual Informática (SVI) na que se abordarán causas, síntomas e medidas preventivas para evitar estes problemas así como exercicios prácticos para manter unha adecuada saúde ocular na contorna laboral.
-
2 de maio_Centro Issga_Pontevedra
Visita á Escola Galega de Prevención por alumnado de educación primaria.
2. COLABORACIÓN NOUTRAS ACTIVIDADES
-
23 de abril_Santiago de Compostela
Participación na xornada técnica sobre “O delegado de prevención de riscos laborais, competencias e facultades” organizada polo CSIF.