30/04/2025

Workshop: ollos sans

Imaxe ollos
  • Data: 30/04/2025
  • Inscrición: 25/03/2025 a 29/04/2025
  • Duración: 1 horas
  • Lugar de celebración: En liña

Esta acción formativa forma parte das actividades organizadas polo Issga con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.

Taller online organizado en colaboración con MC-Mutual cuxo propósito é sensibilizar ao persoal traballador sobre os riscos derivados da fatiga visual e a Síndrome Visual Informática (SVI) na que se abordarán causas, síntomas e medidas preventivas para evitar estes problemas así como exercicios prácticos para manter unha adecuada saúde ocular na contorna laboral.

A fatiga visual é unha condición común causada polo esforzo ocular prolongado ao realizar tarefas que requiren unha atención visual constante, como o uso de dispositivos electrónicos. Esta fatiga pode manifestarse en síntomas tanto oculares (ollos secos, visión borrosa, malestar) como extraoculares (dores de cabeza, fatiga xeral, tensión muscular). Doutra banda, a SVI é unha afección que afecta a unha alta porcentaxe de persoas traballadoras que pasan máis de tres horas ao día fronte a pantallas; estímase que entre o 80% e o 90% son usuarios frecuentes de dispositivos dixitais experimentan algún tipo de SVI.

O obxectivo principal deste taller é proporcionar aos participantes as ferramentas necesarias para previr a fatiga visual, adoptando medidas correctivas e preventivas que melloren a saúde ocular de maneira efectiva. A través de exercicios prácticos e recomendacións para axustar a contorna de traballo, os asistentes aprenderán como reducir os efectos negativos derivados do uso excesivo de tecnoloxías.

Máis información e inscricións: https://issgaeventos.com/workshop-ollos-sans/

 

10.30 PRESENTACIÓN 

Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / ISSGA

10:35 FATIGA VISUAL E SÍNDROME VISUAL INFORMÁTICO: CAUSAS E SÍNTOMAS.

MEDIDAS PARA A PREVENCIÓN DA FATIGA VISUAL

EXERCICIOS PARA TER UNS OLLOS SANS

Pilar Moreno Moreno. Técnica de PRL da División de Servizos de Prevención de MC MUTUAL 

11.30 COLOQUIO E PECHE

Representante do ISSGA


 

PROGRAMA.

Documentación

Descarga pdfs: