24/04/2025
A transformación tecnolóxica na prevención de riscos laborais
- Data: 24/04/2025
- Inscrición: 25/03/2025 a 24/04/2025
- Duración: 1 horas
- Lugar de celebración: En liña
Esta acción formativa forma parte das actividades organizadas polo Issga con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.
Webinar, realizado en colaboración coa Fraternidad Muprespa, centrado nos cambios que a dixitalización está a provocar no mundo do traballo e nos seus efectos na seguridade e saúde laboral. Enmarcado no obxectivo 3.2.5 do Plan de Actuación do ISSGA, abordará as oportunidades e os desafíos que supón a incorporación das novas tecnoloxías no entorno laboral, e como estas poden mellorar a prevención de riscos laborais.
O obxectivo é que as persoas asistentes coñezan as últimas innovacións tecnolóxicas aplicadas á seguridade no traballo, as estratexias máis efectivas para previr riscos e como estas ferramentas están a transformar a xestión da seguridade laboral.
Explicaranse exemplos concretos do uso da tecnoloxía para garantir contornos laborais máis seguros e abordaranse temas como a intelixencia artificial conversacional, a realidade virtual e aumentada, o internet das cousas, e tamén outras ferramentas innovadoras como os drones ou os exoesqueletos.
Con este webinar pretendemos ofrecer unha visión actualizada das solucións tecnolóxicas dispoñibles, fomentando a implementación destas en empresas para mellorar a seguridade, a saúde e o benestar das persoas traballadoras.
Máis información e inscricións: https://issgaeventos.com/a-transformacion-tecnoloxica-na-prevencion-de-riscos-laborais/
10.30 PRESENTACIÓN
Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / ISSGA
10.35 INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS NA SEGURIDADE LABORAL
ESTRATEXIAS EFECTIVAS E CASOS DE USO
IMPLEMENTACIÓN PRÁCTICA NAS EMPRESAS
Javier Sánchez González. Consultor en prevención de Fraternidad Muprespa
José Luis Fernández Medina. Consultor en prevención de Fraternidad Muprespa
11.30 COLOQUIO E PECHE
Representante do ISSGA
PROGRAMA.
Documentación
Descarga pdfs: