Biblioteca

Relatorios da xornada técnica sobre os riscos laborais no sector naval, que tivo lugar no Centro do ISSGA de Pontevedra o día 27/03/2009

No Centro do ISSGA de Pontevedra, situado en Rande (Redondela), tivo lugar a xornada técnica “Riscos laborais no sector naval”, na que se fixo fincapé na necesidade de que do actual modelo documental e de protección se avance cara un modelo de xestión e prevención integrada nese sector de actividade.

Os relatorios dispoñibles para a súa descarga foron cedidos polos seguintes relatores:

  • José Antonio González Lago, técnico do centro pontevedrés do ISSGA.
  • Ramón Alfonzo, secretario de Saúde Laboral da CIG-METAL.
  • Rafael Tejedor, director técnico do Servizo de Prevención Mancomunado (SPM) da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME).
  • Juan Carlos Posada, xefe do Servizo de Prevención da empresa Astilleros H. J. BARRERAS.
  • Pablo Currás Paredes, responsable de Servizos Xerais da empresa METALSHIPS&DOCKS.