No Centro do ISSGA de Pontevedra, situado en Rande (Redondela), tivo lugar a xornada técnica “Riscos laborais no sector naval”, na que se fixo fincapé na necesidade de que do actual modelo documental e de protección se avance cara un modelo de xestión e prevención integrada nese sector de actividade.
Os relatorios dispoñibles para a súa descarga foron cedidos polos seguintes relatores:
- José Antonio González Lago, técnico do centro pontevedrés do ISSGA.
- Ramón Alfonzo, secretario de Saúde Laboral da CIG-METAL.
- Rafael Tejedor, director técnico do Servizo de Prevención Mancomunado (SPM) da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME).
- Juan Carlos Posada, xefe do Servizo de Prevención da empresa Astilleros H. J. BARRERAS.
- Pablo Currás Paredes, responsable de Servizos Xerais da empresa METALSHIPS&DOCKS.