03/10/2025
Orientacións para a xestión segura dos materiais con amianto. Retos de futuro
- Data: 03/10/2025
- Inscrición: 04/08/2025 a 03/10/2025
- Duración: 3 horas
- Lugar de celebración: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia_Santiago de Compostela
- Consultar a ubicación en Google Maps
Nesta actividade daranse orientacións para a xestión segura dos materiais con amianto. Presentaranse as novas directrices dirixidas aos concellos para a elaboración do censo municipal de instalacións con amianto, en cumprimento da Lei 7/2022. Estas pautas inclúen criterios de priorización para a retirada e indicacións para a xestión segura dos residuos con amianto.
Obxectivos
- Sensibilizar aos participantes sobre os riscos asociados ao amianto na contorna laboral.
- Proporcionar información actualizada e práctica sobre os métodos de diagnóstico e identificación do amianto en materiais e instalacións.
- Fomentar a implementación de medidas de xestión segura e control do amianto na empresa, incluíndo protocolos de intervención e mantemento preventivo.
- Promover o cumprimento da normativa vixente en materia de manipulación, retirada e eliminación do amianto
09.45 RECEPCIÓN
10.00 PRESENTACIÓN
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
10.10 INTRODUCIÓN AO CONTEXTO ACTUAL
Lucía Ferrón Vidán. Xefatura Sección Coordinación Preventiva Hixiene e Saúde
10.20 A XESTIÓN SEGURA DOS MATERIAIS CON AMIANTO NA EMPRESA. DIAGNÓSTICO DE AMIANTO.
María Domínguez Dalda. Departamento de Metroloxía de Axentes Químicos. INSST-CNVM Biscaia
11.30 PAUSA CAFÉ
12.00 RETOS PENDENTES, UN CAMBIO DE ENFOQUE NECESARIO
Lara Trujillo Jiménez. Experta en amianto. Técnica do Concello de Barcelona
13.30 PECHE
Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga
- Programa
- Relatorio_A XESTIÓN SEGURA DOS MATERIAIS CON AMIANTO NA EMPRESA. DIAGNÓSTICO DE AMIANTO. María Domínguez Dalda. Departamento de Metroloxía de Axentes Químicos. INSST-CNVM Biscaia
- Relatorio_RETOS PENDENTES, UN CAMBIO DE ENFOQUE NECESARIO. Lara Trujillo Jiménez. Experta- en amianto. Técnica do Concello de Barcelona