Formación

28/11/2025

Incendios en sistemas fotovoltaicos e baterías: normativa, prevención e resposta

Imaxe xornada

CURSO COMPLETO. NON SE ADMITEN MÁIS SOLICITUDES.

A xornada, realizada en colaboración con Aprosal,  ten como obxectivo analizar e difundir as claves para garantir a seguridade e a saúde en todas as fases do ciclo de vida das instalacións fotovoltaicas —desde o deseño e a instalación ata o mantemento e a explotación—, abordando tamén a súa interacción con outros sistemas eléctricos e de almacenamento de enerxía.

Trataranse cuestións como os riscos eléctricos, mecánicos, de incendio e estruturais, así como os desafíos emerxentes vinculados ás novas tecnoloxías de almacenamento, mobilidade eléctrica e automatización industrial. Así mesmo, destacarase a importancia da formación, a coordinación de actividades empresariais e a avaliación de riscos tanto en contornas laborais como no ámbito privado, onde cada vez son máis frecuentes as instalacións fotovoltaicas residenciais.
 

09:30 PRESENTACIÓN

Representante da Consellería de Emprego Comercio e Emigración / Issga

09:40 CAMPAÑA DO ISSGA DE PANEIS SOLARES EN CUBERTAS

Pablo García Fernández. Técnico de seguridade e saúde laboral do Centro ISSGA_Pontevedra

10:00 RISCOS NO MANTEMENTO E MANEXO DE INSTALACIÓNS FOTOVOLTAICAS

Maite Iturralde Chocarro. Directora de Produción Pixeling Enxeñería

10:30 POSICIÓN DAS ASEGURADORAS PARA OS RISCOS DOS PANEIS SOLARES

Manuel Pérez Vega. Xerente de Riscos de Cascudo Correduría de seguros

10:45 COMPORTAMENTO DAS ESTRUTURAS ANTE UN INCENDIO

Millán Mollano Manzano. Cabo do Corpo de Bombeiros do Concello de Zamora

11:15 COLOQUIO PRIMEIRA PARTE

Moderador: Aprosal

11:30 PAUSA - CAFÉ

12:00 NOVIDADES NA NORMATIVA CONTRA INCENDIOS (RD 164/2025)

Jacobo Pardo Montenegro. Servizo de Industria da Xunta de Galicia

12:30 TECNOLOXÍAS DE ALMACENAMENTO ELÉCTRICO, RISCOS ASOCIADOS E ACTUACIÓNS PREVENTIVAS

Eduardo Rivero Graña. CTAG - Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia

13:00 PREVENCIÓN E CONTROL DE INCENDIOS DE PLANTAS FOTOVOLTAICAS E MOBILIDADE E MAQUINARIA INDUSTRIAL ELÉCTRICA

Juan Carlos Alonso Lavin e Samuel Del Hoyo Roldán. SDS Stop Fuego

13:30 COLOQUIO SEGUNDA PARTE

Moderador: Aprosal

13:45 PECHE

Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga