23/10/2025
Dixitalización do traballo: traballos seguros e saudables na era dixital
- Data: 23/10/2025 a 17/10/2025
- Inscrición: 13/10/2025 a 23/10/2025
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: Centro Issga_Pontevedra
Esta xornada técnica forma parte das actividades formativas organizadas polo Issga con motivo da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.
A dixitalización modifica a forma de interactuar coa contorna laboral ao tempo que supón unha transformación no noso día a día debido ao uso cada vez máis frecuente das tecnoloxías de información e comunicación (TIC).
As tecnoloxías dixitais serán seguras e produtivas se se deseñan e xestionan de acordo cun enfoque centrado na persoa traballadora como ser humano.
Así como as novas formas de organización do traballo con traballos 100 % en remoto (incluíndo os traballos nómades) poden xerar riscos como o illamento social e a despersonalización das relacións, sobrecarga de traballo, a inseguridade laboral, o sedentarismo, os problemas éticos polo acceso ilimitado á información, unha invasión do ámbito persoal, un forte rexeitamento inicial por medo ao descoñecido ou por verse na obriga de saír da zona de confort, especialmente por parte do persoal de máis idade ou menos formado ou habituado ás tecnoloxías dixitais
Os riscos para a seguridade e a saúde no traballo relacionados coa crecente dixitalización do lugar de traballo son previsibles e manexables.
Os obxectivos ante os retos que presenta a dixitalización e as TIC no traballo poderían incluír:
-
Sensibilizar e profundar no coñecemento sobre os riscos e as oportunidades que a transformación dixital implica para a seguridade e saúde no traballo
-
Concienciar sobre un uso seguro
-
Promover unha xestión proactiva e de boas prácticas
-
Fomentar o intercambio de información e coñecementos
Débense de ter en conta unha serie de medidas para minimizar e/ou eliminar os posibles riscos, como implantar un sistema de desconexión dixital, controlar o tempo de traballo establecendo períodos de descanso, establecer sistemas que garantan conexións seguras, formar e capacitar con perspectiva de idade para as persoas traballadoras, avaliar os riscos laborais (especialmente ergonómicos e psicosociais, ..), entre outras.
Tal é a importancia e o impacto que poden ter estas novas aplicacións das tecnoloxías sobre as persoas traballadoras, así como no conxunto da sociedade, que se está a avanzar no desenvolvemento de novas regulacións de futura aplicación (en materia de intelixencia artificial, condicións laborais no traballo en plataformas dixitais, desconexión dixital,…).
10.15 RECEPCIÓN
10.30 PRESENTACIÓN
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga
10.45 A VISIÓN PREVENTIVA FRONTE A DIXITALIZACIÓN DO TRABALLO
César André Rivas. Xefe da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga
11.45 POSTO DIXITAL AVANZADO, UNHA APROXIMACIÓN DESDE A PRL
José Andrés Freire Dapena. Xefe do Departamento de Medios e Capacitación Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
12.15 COLOQUIO E PECHE
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Documentación
Documentación
Descarga pdfs: