Idadismo e mercado laboral. Discriminación e protección da saúde
Centro ISSGA A Coruña e streaming
O mercado laboral actual está a sufrir unha falta de cobertura preocupante de postos de traballo. Algúns sectores non conseguen cubrir toda a oferta de emprego, mentres que se exclúe a persoas por mor da súa idade.
O idadismo é unha forma máis de discriminación, e as Administracións Públicas están a actuar na súa contra. As organizacións poden incorporar a perspectiva de idade a súas políticas e estratexias e materializar un compromiso coa erradicación de situacións discriminatorias por razón da idade desde un enfoque positivo da diversidade xeracional que fomente a sustentabilidade do emprego.
Nesta ocasión, o taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se celebrará en A Coruña (Centro ISSGA - Rúa Doctor Camilo Veiras, 8, A Coruña) o 09 de novembro de 2023 de 16:00 a 18:40 h. permitindo que as persoas usuarias do campus poidan coñecerse e intercambiar coñecementos e experiencias entre elas. Esta sesión será retransmitida por streaming para aquelas persoas que non poidan acudir de maneira presencial.
Contarase coa presenza de persoas expertas na materia:
- Noelia Filgueiras. Headhunter e consultora de RRHH do Grupo Clave
- Raquel María Naveiro Santos. Maxistrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- Nieves Lorenzo Espeso. Xefa da Área Técnica Medicina do Traballo Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer nesta ligazón.
Se pola contra optase por seguir a sesión vía streaming debe inscribirse no taller formativo a través do campus en liña en materia de igualdade laboral: https://formacion-igualdadelaboral.xunta.gal/login