Biblioteca

Relatorios da xornada técnica sobre o Proxecto Saúde, celebrada no Centro do ISSGA de Pontevedra o día 27/02/2009

A xornada técnica do día 27/02/2009 no Centro de Seguridade e Saúde Labroal de Pontevedra, en Rande (ISSGA – Pontevedra), estivo dedicada a difundir o Proxecto Saúde, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, na que participan como socios o CETMAR, AGAMAR, LEITAT, o Instituto de Biomecánica de Valencia e o ISSGA, encamiñada á mellora das condicións de traballo e da saúde do colectivo das mariscadoras e mariscadores a pé, a través do deseño dun equipo de protección individual (EPI).

Os relatorios dispoñibles para a súa descarga foron cedidos polos seguintes relatores:

  • Julio Taboada, secretario xeral de CETMAR
  • Alfonso Oltra Pastor, en representación do Instituto de Biomecánica de Valencia
  • Dolores Rodríguez Coronil, en representación do centro tecnolóxico LEITAT
  • Manuel Gil Fernández, en representación do equipo médico do ISSGA