Novas

Mércores, Maio 31, 2023

A Xunta impulsa a xestión da saúde integral nos espazos de traballo a través dunha xornada do Issga celebrada na Coruña

A Xunta impulsa a xestión da saúde integral nos espazos de traballo a través dunha xornada do Issga celebrada na Coruña

A Coruña, 31 de maio de 2023

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, pechou hoxe a xornada Promoción da saúde no lugar de traballo. Moverse máis e mellor organizada na Coruña polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) en colaboración con Motricidade Laboral SL.

A representante autonómica puxo en valor a celebración de actos coma este para impulsar un novo enfoque na xestión da saúde laboral co foco posto nas persoas desde unha visión de saúde integral, no marco tanto na nova Estratexia Española como na Galega, que se está a negociar neste momento, en Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027.

O obxectivo da Promoción da Saúde no Traballo (PST) é crear espazos laborais que protexan, promovan e apoien a seguridade e saúde no traballo e o benestar das persoas traballadoras para acadar traballadores e traballadoras sans en empresas saudables.

O lugar de traballo desenvolve un importante papel no establecemento dos estilos de vida saudables e o apoio ás actividades que evitan a deterioración da capacidade funcional.

Das intervencións das empresas en PST evidéncianse non só melloras na saúde e calidade de vida da poboación traballadora, senón tamén na produtividade, a calidade do produto ou servizo e en suma, a competitividade e sustentabilidade da empresa e a contención dos custos ligados á mala saúde.

Algunhas das actividades máis habituais na PST son:

  • Incremento da actividade física
  • Nutrición e saúde
  • Abandono ou redución do consumo de tabaco
  • Prevención do consumo de alcol e outras adiccións
  • Control do peso e obesidade
  • Saúde mental e estrés
  • Equilibrio e conciliación entre a vida persoal e o traballo
  • Envellecemento activo

Fíxose un repaso da contribución do ISSGA nestes 10 últimos anos para ampliar a Rede Española de Empresas Saudables (RESS) e ofrecéronse estratexias para a promoción de hábitos saudables nas organizacións así como para a prevención dos TME.

Xuntar esforzos pola saúde las persoas dende os organismos públicos, responsables das empresas e persoas traballadoras, son as directrices da REES; unha rede que abre un espazo para compartir as experiencias e talento de cada unha das empresas para acadar logros en todas; unha rede que, na actualidade, conta cunhas 900 empresas adheridas.