Novas

Martes, Marzo 03, 2020

Reunión da Comisión para a integración da igualdade do ISSGA en Santiago

  • Trátase dunha comisión permanente da que forman parte técnicos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como dos catro sindicatos máis  representativos e da CEG
  • Na xuntanza se presentaron as actuacións do Instituto para o 2020 en materia de igualdade

Santiago, 3 de marzo de 2020. A Comisión para a integración da igualdade do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) reuniuse en Santiago para tratar diversos aspectos relacionados coa perspectiva de xénero en materia de prevención de riscos laborais.

Esta comisión ten un carácter permanente e técnico, e o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa igualdade de xénero na saúde e seguridade no traballo. Está formada por técnicos do ISSGA, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como por persoal dos catro sindicatos máis representativos e da CEG.

Nesta xuntanza fíxose un balance das principais actividades levadas a cabo no 2019 relacionadas cos fins da comisión e abordáronse as actuacións en materia de igualdade do Issga para o 2020 segundo o seu Plan de actividades, entre as que destacamos:

  • Asesoramento e orientación nos aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de PRL, como poden ser as actuacións en sectores laborais feminizados.

  • Elaboración dun documento técnico sobre pautas para a integración da perspectiva de xénero na PRL, e elaboración dun documento para a súa difusión sobre a integración da perspectiva de xénero no sistema de xestión das empresas.

  • Dar continuidade á execución das actuacións dirixidas á protección da maternidade no ámbito laboral, nos aspectos relacionados coa PRL, co desenvolvemento dun programa específico sobre a comprobación das avaliacións e risco das obrigas dos artigos 25 e 26 da LPRL.

  • Analise do liderado, posta en valor do liderado feminino.