Venres, Marzo 08, 2019
Realizamos en Lugo unha xornada técnica sobre a promocion da actividade físicaLugo, 8 de marzo de 2019. O exercicio físico desempeña un papel crave na promoción dunha mellor saúde, na prevención de enfermidades crónicas e como complemento, ás veces esenci
Lugo, 8 de marzo de 2019. O exercicio físico desempeña un papel crave na promoción dunha mellor saúde, na prevención de enfermidades crónicas e como complemento, ás veces esencial, no tratamento de certos trastornos ou enfermidades tanto físicas como psíquicas ou sociais. O lugar de traballo é un escenario idóneo para a posta en marcha de intervencións de promoción da actividade física entre os traballadores e é beneficioso non tan só para as persoas senón tamén para a empresa.
O fomento da actividade física e a adopción dun estilo de vida activo por parte de todas as persoa é unha das claves para garantir o benestar e unha mellor calidade de vida das persoas en todas as idades.
A practica insuficiente de actividade física é un problema de saúde tanto pública como laboral, que representa un grande custo en termos de perda de calidade de vida e de gastos de atención sanitaria, mutual e social.
O sedentarismo é unha característica propia das sociedades modernas, polo que recuperar un estilo de vida activo e integrado na nosa vida cotiá e no noso traballo é un reto complexo que require un cambio cultural e de paradigma, onde o ámbito laboral pode servir como panca.
As estimacións dinnos que de eliminaranse os principais factores de risco para o padecemento de enfermidades crónicas, entre es que se atopan o sedentarismo, a inadecuada alimentación ou o tabaquismo poderíanse previr preto do 75% da carga atribuíble as enfermidades cardiovasculares, aos accidentes cerebro-vasculares e a diabetes de tipo 2, e un 40% dos casos de cancro. Así mesmo, poderíase mellorar a prevalencia das enfermidades respiratorias crónicas coma a asma, a diabetes ou a osteoporose, entre outras doenzas.
O obxectivo final desta actuación e destacar a importancia da actividade física para mellorar a condición física e o benestar e a saúde das persoas, e moi especialmente dos traballadores, así como concienciar sobre que calquera momento e calquera oportunidade son bos para facer actividade física, tanto no ámbito privado como no ámbito laboral, reducindo o sedentarismo. Potenciando a realización de actividade física melloraremos a saúde dos traballadores, tanto física como mental, potenciaremos o desempeño das actividades do seu posto de traballo, diminuíndo as patoloxías de todo tipo e especialmente as musculoesqueléticas, reducindo o absentismo e incrementando a produtividade. Manter unha boa condición física e unha garantía de calidade de vida e de mantemento de dita calidade nas distintas idades e do desempeño dos diferentes roles que a cada quen lle toca desenvolver tanto na actividade laboral coma diaria. Tamén é unha aposta de futuro de cara a unha intervención mais preventiva e menos curativa ou paliativa.