Novas

Mércores, Xullo 05, 2023

O ISSGA participou na reunión do Comité de verificación de empresas saudables

O ISSGA participou na reunión do Comité de verificación de empresas saudables

5 de xullo de 2023. O ISSGA forma parte do Comité de verificación desde a creación da Rede Española de Empresas saudables hai 10 anos. Este ano organizou en colaboración co INSST o VIII Encontro aberto da REES en Ourense.

O Comité está formado polo INSST, Ministerio de Sanidad, Consejo Superior de Deportes,  Institutos de Seguridade e Saúde no Traballo: Aragón (ISSLA), Principado de Asturias (IAPRL), Illas Baleares (IBASSAL), Canarias (ICASEL), Cantabria (ICASST), Galicia (ISSGA), Comunidade de Madrid (IRSST), País Vasco (OSALAN) e Comunidade Valenciana (INVASSAT), e  os órganos técnicos de Seguridade e Saúde no Traballo de Castilla - La Mancha, Junta de Castilla y León, Junta de Extremadura e La Rioja.

Nesta reunión presencial analizouse o traballo desenvolvido no primeiro semestre deste ano e as novas liñas de traballo cara o segundo semestre.

Este Comité terá un papel relevante no desenvolvemento das liñas e accións dos obxectivos 1, 2 e 4 da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027 na que Galicia, a través do ISSGA, representou ás CCAA tanto na negociación da estratexia como no deseño do Plan de acción e traballará en acción concretas en relación con:

  • A prevención dos accidentes por patoloxías non traumáticas de orixe cardiovascular. Elaboraranse guías para informar sobre os estilos de vida, factores biomédicos e estresores laborais que incrementen o risco cardiovascular e as súas estratexias de prevención, e promoverase o recoñecemento do esforzo das empresas por reducir o risco cardiovascular.
  • Actuacións para o impulso da promoción da saúde e a sustentabilidade da saúde nas empresas e fortalecerase a Rede Española de Empresas Saudables como vehículo de extensión dunha xestión avanzada en saúde, baseada no modelo de determinantes de saúde da OMS.
  • Desenvolvemento dunha guía para a implantación de programas de calidade en áreas específicas de promoción da saúde na empresa: tabaquismo, obesidade e o sobrepeso, actividade física e redución do sedentarismo e prevención da enfermidade cardiovascular.
  • Promoción, difusión e asesoramento para a aplicación do Código Europeo contra o Cancro na empresa.
  • Accións especiais en saúde mental dirixidas a coñecer as posibles causas de orixe laboral en pacientes en idade laboral con diagnóstico de depresión - ansiedade que causan incapacidade laboral tanto temporal como permanente e deseñar intervencións preventivas en función dos factores laborais identificados.
  • A investigación dos factores facilitadores e as barreiras para o retorno ao traballo de persoas tras unha incapacidade temporal, en función das necesidades especiais, con especial atención ás persoas con enfermidades crónicas e persoas que superaron un cancro.
  • A elaboración de guías baseadas na evidencia que contribúan á empregabilidade e faciliten o retorno ao traballo tras unha incapacidade temporal.