Mércores, Maio 13, 2026
O 28 de abril de 2026, a Comisión Europea publicou o Regulamento (UE) 2026/909, polo que se modifica o Regulamento da UE sobre cosméticos
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026
Introduce novas restricións, prohibicións e condicións para diversas substancias utilizadas en produtos cosméticos, entre elas substancias utilizadas en esmaltes de uñas e tinguiduras capilares.
Cambios máis importantes:
Ingredientes de fragancias:
-
Benzyl Salicylate: posible alterador endócrino, introdúcense límites de concentración estritos.
-
Citral, Geranial e Neral: potente conxunto de ingredientes cítricos; novos límites de concentración deseñados para mitigar o risco de sensibilización cutánea.
-
Acetylated Vetiver Oil: suxeito a condicións específicas de estabilidade e límites de concentración. Búscase garantir que non represente un risco de sensibilización cutánea.
Ingredientes que conteñen Aluminium, Zinc Salts e Silver Silicate:
-
Aluminium e os seus compostos: limites de concentración en determinados produtos debido a efectos sistémicos e risco de acumulación.
-
Water-Soluble Zinc Salts: harmoniza o uso dos sales de Zinc solubles en auga, garantindo que o contido total de Zinc en distintos produtos non dea lugar a unha inxesta diaria excesiva.
-
Silicato de plata, Zinc, Aluminium e amonio: é un conservante; pode utilizarse en desodorizantes en spray e bases de maquillaxe en po ata unha concentración máxima do 1%.; o resto teñen o seu uso prohibido (sospeita de toxicidade para a reprodución).
Triphenyl Phosphate (TPP)
-
Utilizábase frecuentemente como plastificante en esmaltes de uñas; posible alterador endócrino; agora prohibido.
Tinguiduras capilares
-
HC Blue Nº 18, HC Red Nº 18 e HC Yellow Nº 16: colorantes capilares; establécense as súas concentracións máximas en produtos de coloración capilar oxidativos e non oxidativos, así como as advertencias que deben incluírse na etiquetaxe;
-
Hydroxypropyl-p-phenylenediamine e o seu sal dihydrochloride: establécense as súas concentracións máximas nos colorantes profesionais e os requisitos de etiquetaxe para advertir da posibilidade de reaccións alérxicas
Os produtos cosméticos non conformes:
A partir do 1 de xaneiro de 2027 non se poderán introducir no mercado.
A partir do 1 de xullo de 2028 non poderán estar circulando no mercado (para o citral amplíase ata o 1 de agosto de 2028).