Martes, Xaneiro 14, 2025
Como crear unha contorna laboral saudable que impulse o benestar do teu equipo?
Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da Área Técnica de Medicina do Traballo e Ergonomía e Psicoloxía Aplicada do ISSGA_Coruña, participou no episodio da segunda tempada do podcast Responsabilízate, promovido pola Secretaría Xeral de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, en representación do #ISSGA, como membro do Comité de verificación de empresas saudables da Rede Española de Empresas Saudables, xunto con Carla Leirós de GOC e Guillermo López de Torus Software.
Responsabilízate, da Xunta de Galicia, é un programa de asesoramento personalizado gratuíto que persegue dotar ás empresas galegas de coñecementos e ferramentas necesarias para desenvolver a súa sustentabilidade a través dos criterios ASG.
O #ISSGA impulsa programas e proxectos para o coidado da saúde integral das persoas nos lugares de traballo e participa desde o seu inicio no Comité técnico de verificación da Rede Española de Empresas Saudables. Un destes proxectos é a Guía claves Issga saúde integral e benestar laboral na peme.
Neste episodio fálase sobre as claves para fomentar o benestar laboral e construír espazos de traballo máis saudables e motivadores.
Podes escoitar o episodio nas diferentes plataformas:
YouTube: https://youtu.be/uHEIV0C-h7c
iVoox: https://go.ivoox.com/rf/137098160
Spotify: https://spotifycreators-web.app.link/e/rU0HyVOStPb
Porque xuntos, construímos un futuro máis responsable e promovemos unha saúde integral .