Xoves, Setembro 27, 2018
Analizamos a importancia do liderado en prevención de riscos laborais en dúas xornadas na Coruña e Pontevedra
A Coruña, 27 de setembro de 2018. Os centros Issga da Coruña e Pontevedra acollen hoxe e mañá, respectivamente, dúas xornadas técnicas que contarán coa participación de arredor de 200 persoas e nas que se analiza desde o punto de vista da prevención de riscos laborais como a atención ás persoas e ás súas condicións de traballo así como a aspectos como a conciliación familiar e as relacións sociais favorece ese liderado transformador que xera nas organizacións o cambio cultural necesario en prol da excelencia, da saúde empresarial e a sustentabilidade.
Os obxectivos principais destas accións formativas son, por unha banda, comprender o motivo polo que o liderado constitúe unha das principais preocupacións das organizacións en vistas á súa eficaz contribución á consecución de obxectivos comúns e, pola outra, asumir o liderado como proceso dinamizador no que o líder xera nas organizacións unha transformación cultural en prol da mellora continua e a excelencia, a saúde individual e colectiva.
Durante a xornada se explica un novo enfoque da saúde no entorno de traballo, propoñendo utilizar ese valor da saúde como elemento motivador para exercer un liderado visible e eficaz. A diferenza do liderado formal e o liderado colaborativo exércese desde o noso poder persoal e a nosa credibilidade.
Nas diferentes intervencións se analiza como a intelixencia emocional é a condición sine qua non de liderado, se describen os catro compoñentes da intelixencia emocional e a súa aplicación ao liderado e se examina se a intelixencia emocional se pode aprender. Ademais, se explora como a creación de valor na era da colaboración é unha viaxe transformadora na que a intelixencia colectiva capacitará ás organizacións a adaptarse con rapidez e crecer nun entorno de cambios acelerados.
É necesario, polo tanto, un liderado diferente e transformador que se converta no motor de cambio cultural dentro da organización que permita mellorala dando a cada membro posibilidades de desenvolvemento persoal.
As claves: empatía, redarquía, influencia e adaptación.