Mércores, Xuño 07, 2023
Actualización dos contidos do portal de amianto da nosa web
Na sección “Requisitos de autorización para realizar traballos con amianto” do noso portal de amianto engadimos o apartado “Criterios e precisións sobre a aplicación do Real decreto 396/2006” con orientacións prácticas e criterios de aplicación da normativa de amianto que deben ter en conta as empresas para solicitar a aprobación dun plan de traballo con risco por amianto e para outros trámites relacionados co seu seguimento.