03/06/2026
Sono e descanso
- Data: 03/06/2026
- Inscrición: 18/05/2026 a 03/06/2026
- Lugar de celebración: En liña
A adopción de prácticas e condutas saudables permite mellorar as condicións físicas e psicolóxicas das persoas. A súa incorporación á rutina diaria require esforzo, planificación e constancia, o que en ocasións pode dificultar a súa posta en marcha. Porén, existe unha actividade á que dedicamos unha parte importante do noso tempo e que, con frecuencia, descoidamos: o sono.
Nun contexto no que os ritmos de vida e traballo son cada vez máis esixentes, prestar atención ao descanso convértese nun factor clave para manter a saúde, o benestar e un bo rendemento. Neste webinar, organizado en colaboración con FREMAP, ofreceranse pautas sinxelas e prácticas para mellorar os hábitos de sono e acadar un descanso máis completo, que nos permita afrontar con mellores garantías os retos do día a día.
Máis información e inscrición: Sono e descanso | Xestión Eventos Issga
10.00 PRESENTACIÓN E APERTURA
Carlos Llanos Santos. Director Rexional Galicia. Fremap
Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga
10.10 IMPORTANCIA DO SOÑO NA SAÚDE: CANTIDADE E CALIDADE
HORARIOS E RITMOS CIRCADIANOS: NON DURMIR... NÓTASE
BOS HÁBITOS PARA MELLORAR O SOÑO: PREPARAR UN “NIÑO ADECUADO”. ALIMENTACIÓN E DESCANSO. PREPARARSE PARA O SOÑO
David Piélago Solís. Licenciado en Psicoloxía do Traballo e Técnico Superior PRL en Fremap
11.30 COLOQUIO E PECHE
Representante de la Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga
Programa.
Documentación
Descarga pdfs: