Formación

27/04/2023

Seguridade na instalación e mantemento de paneis solares

O obxectivo desta xornada técnica, enmarcada nas accións levadas adiante polo ISSGA con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, é concienciar sobre a adopción das medidas de seguridade para evitar as caídas de altura tanto durante a instalación como durante a fase de mantemento de paneis solares en cubertas.

Así mesmo, é importante incidir na correcta aplicación da lexislación en prevención de riscos laborais por parte das empresas que están realizando estes traballos.

Na segunda parte da xornada técnica ofrecerase o punto de vista tanto dende a coordinación de seguridade e saúde laboral como dende unha empresa fabricante e un instalador respecto da importancia dos medios de protección na instalación de paneis solares.

Esta actividade formativa está dirixida ás empresas instaladoras de paneis solares, aquelas nas que se teñan instalados paneis solares, servizos de prevención e delegados de prevención, representantes sindicais, asesorías e mutuas colaboradoras, así como proxectistas e coordinadores de seguridade e saúde laboral.

10.30 PRESENTACIÓN

Alfonso Pérez Santiago. Xefe do Centro ISSGA_Pontevedra

10.35 APERTURA

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA

10.45 APLICACIÓN DA NORMATIVA DURANTE A INSTALACIÓN E O MANTEMENTO DE PANEIS SOLARES

Pablo García Fernández. Técnico de Seguridade e Saúde Laboral do Centro ISSGA_Pontevedra

11.45 MESA REDONDA: IMPORTANCIA DOS MEDIOS DE PROTECCIÓN NA INSTALACIÓN DE PANEIS SOLARES, EXEMPLOS. PERSPECTIVA DUN COORDINADOR DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL, UN FABRICANTE E UN INSTALADOR

Maximino García Sánchez. Coordinador de seguridade e saúde laboral e técnico de prevención

Borja Lago González. Responsable da oficina técnica de Isamar seguridad (Anclajes Marcelino)

Carlos González Gómez. Xerente de Instalaciones y Mantenimientos Teagsa, S.L

12.45 PECHE

Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade