Formación

23/09/2026

Prevención de riscos laborais no traballo a distancia e teletraballo

imaxe webinar
  • Data: 23/09/2026
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

O traballo a distancia e o teletraballo forman unha parte cada vez máis habitual da organización do traballo e presentan vantaxes relacionadas coa flexibilidade e a autonomía, pero tamén poden implicar riscos laborais específicos que deben ser identificados e xestionados desde unha perspectiva preventiva.

Neste contexto o Issga, en colaboración con Asepeyo, organiza este webinar sobre a prevención de riscos no traballo a distancia e o teletraballo. Na sesión abordaranse os principais riscos asociados a estas modalidades de organización do traballo, con especial atención aos aspectos ergonómicos, aos trastornos musculoesqueléticos, á fatiga visual e aos factores de risco psicosocial, así como ao tecnoestrés, á organización do tempo de traballo e á desconexión.

Máis información e inscripcións: https://issgaeventos.com/prevencion-de-riscos-laborais-no-traballo-a-distancia-e-teletraballo/
 

10.00 PRESENTACIÓN E APERTURA

Óscar Díaz Gracia. Director autonómico de ASEPEYO en Galicia, Asturias e Cantabria.

Representante do Issga/ Consellería de Emprego, Comercio e Emigración 

10.10 TELETRABALLO: PREVENCIÓN, SAÚDE E DESCONEXIÓN DIXITAL

MARCO LEGAL DO TELETRABALLO EN ESPAÑA 

AVALIACIÓN DE FACTORES DE RISCOS ERGONÓMICOS

PAUSA ACTIVA

              RISCOS PSICOSOCIAIS E COIDADO DA SAÚDE MENTAL

             DESCONEXIÓN DIXITAL 

Saioa Martínez Mauleón. Coordinadora Territorial de Prevención Norte. Asepeyo
Zohartze Ramos Márquez. Consultora en Prevención. Asepeyo

11.30 COLOQUIO E PECHE

Representante do Issga/ Consellería de Emprego, Comercio e Emigración


 


 

 

 
 


 


 

 

Programa

Documentación

Descarga pdfs: