13/11/2025
Novidades na guía técnica de manipulación manual de cargas do INSST
- Data: 13/11/2025
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: En liña
Esta actividade realízase en colaboración con FREMAP. Nela analizaranse as novidades da guía técnica do INSST para a avaliación e prevención dos riscos relativos á manipulación manual de cargas, recentemente actualizada en novembro de 2024. Abordarase a flexibilización na avaliación de riscos, os métodos alternativos propostos e as recomendacións para a mobilización de persoas, ofrecendo boas prácticas e orientacións para promover contornas laborais seguras, saudables e eficientes.
No marco da xestión da seguridade e saúde no traballo, este webinar ofrece unha análise completa e actualizada sobre as novidades incluídas na guía do INSST.
Os relatores, Emilia Fernández Rey, Ingeniera Técnica Agrícola e Técnica Superior en PRL en FREMAP, e José Ramón Castillo, Licenciado en Ciencias Ambientais e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, achegarán unha perspectiva práctica e baseada na experiencia, combinando rigor técnico e aplicabilidade nos contornos laborais. Durante a súa intervención abordarán:
-
Principais cambios: criterios actualizados para a avaliación e prevención de riscos por MMC, eliminación do método único de avaliación e incorporación de métodos alternativos aplicables a diferentes situacións.
-
Mobilización de persoas: criterios específicos e recomendacións de seguridade para tarefas que implican a manipulación de persoas.
-
Boas prácticas e orientacións: exemplos concretos e medidas para reducir riscos dorsolumbares, mellorar a seguridade no traballo e optimizar procesos de manipulación de cargas.
O enfoque da sesión permitirá aos participantes comprender e aplicar os criterios actualizados, identificar riscos de forma efectiva e adaptar os métodos de avaliación ás necesidades específicas das súas organizacións. Ademais, fomentarase unha reflexión sobre a importancia dunha cultura preventiva que garanta contornas laborais máis seguras, saudables e sostibles, contribuíndo á protección da saúde dos traballadores e á eficiencia operativa das empresas.
Máis información e inscricións: Novidades na guía técnica de manipulación manual de cargas do INSST
10.00 PRESENTACIÓN E APERTURA
Carlos Llanos Santos. Director Rexional Galicia. Fremap
Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / ISSGA
10.10 ANÁLISE DOS PRINCIPAIS CAMBIOS NA GUÍA TÉCNICA PARA A AVALIACIÓN E PREVENCIÓN DOS RISCOS RELATIVOS Á MANIPULACIÓN MANUAL DE CARGAS
INTRODUCIÓN Á NORMA ISO 11228-1 PARA A AVALIACIÓN DOS RISCOS POR LEVANTAMENTO, DESCENSO E TRANSPORTE DE CARGAS
Emilia Fernández Rey – Enxeñeira de Organización Industrial e Técnica Superior en PRL en FREMAP
José Ramón Castillo del Pino – Licenciado en Ciencias Ambientais e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais
11.45 COLOQUIO E PECHE
Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / ISSGA
Programa.
Documentación
Descarga pdfs: