Formación

25/06/2025

Desperta ao perigo: somnolencia e seguridade viaria

O obxectivo principal é sensibilizar sobre os riscos asociados á somnolencia na condución.

Abordaranse  factores como os trastornos do sono, o uso de determinados medicamentos e os hábitos de vida pouco saudables que inclúen na aparición da somnolencia así como as correspondentes medidas de prevención.

Nesta xornada analizaremos o impacto da somnolencia ao volante, unha das principais causas de sinistralidade grave, con especial atención ao seu risco no ámbito laboral e entre as persoas condutoras profesionais. 

Durante a xornada terá lugar un taller práctico para experimentar, mediante un simulador de condución de alta inmersión proporcionado por Asepeyo, as dificultades de conducir en situacións adversas, como a somnolencia ou o consumo de substancias, recreando diversas condicións de tráfico e meteorolóxicas, permitindo avaliar as habilidades ao volante sen poñer en risco a seguridade das persoas participantes.

Como recurso adicional, recomendámosvos realizar o test de somnolencia diúrna.


 

10.00 RECEPCIÓN

10.15 APERTURA

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

10.30 DATOS SOBRE SINISTRALIDADE VIARIA RELACIONADA COA SOMNOLENCIA DURANTE A CONDUCIÓN

Alberto Rodriguez Fernández. Xefatura provincial de tráfico de Lugo

Representante da Agrupación de tráfico da Guardia Civil de Lugo

10.50 FACTORES QUE INFLÚEN NA APARICIÓN DA SOMNOLENCIA E MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Luis Pérez de Llano. Xefe do servizo de Pneumoloxía do HULA de Lugo

Alejandro Sánchez Pérez-Mel. Presidente do Colexio oficial de Farmacéuticos de Lugo

César André Rivas. Xefe da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do ISSGA

11.50 PAUSA CAFÉ

12.30 TALLER PRÁCTICO: SIMULADOR DE ALTA INMERSIÓN, GAFAS DE REALIDADE VIRTUAL E MOSTRA DE DISPOSITIVOS DO SÍNDROME DE APNEA

Rafael Luis Moyer Álvarez. Consultor de prevención de Asepeyo de Lugo

Mercedes Díaz Puente. Directora delegación norte VitalAire

13.00 COLOQUIO E PECHE

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA

Programa

Documentación

Descarga pdfs: