19/09/2023
De ‘Millenial’ a ‘Xubillennial’, xestión da diversidade xeracional
- Data: 19/09/2023
- Inscrición: 17/07/2023 a 18/09/2023
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: Centro ISSGA_Ourense e streaming
- Consultar a ubicación en Google Maps
Xornada técnica, realizada en colaboración con Fraternidade-Muprespa, na que propoñemos dar un enfoque inclusivo á chamada xeración “Jubillennial”, proporcionar ferramentas para encarar unha xubilación en positivo e outras medidas para implementar a diversidade xeracional nas organizacións.
Dado que o índice de lonxevidade non para de crecer, é importante coñecer e establecer políticas de envellecemento activo nas empresas, preventivas e de xestión da idade, para coidar ao 55% de traballadores entre 55 e 75 anos, que poden continuar sendo produtivos ou necesarios dependendo do sector e actividade.
Non debemos perder o coñecemento e sabedoría acumulados durante a vida laboral dos profesionais e si apostar polo enriquecemento da diversidade xeracional.
Pódese participar nesta actividade formativa de xeito presencial ou virtual:
- Inscrición presencial: cubrindo a solicitude de inscrición que figura a continuación
- Inscrición virtual (streaming): cubrindo o formulario na nosa web de eventos
PROGRAMA PROVISIONAL
10.30 PRESENTACIÓN
Representante do ISSGA / Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
10.35 APERTURA
Representante do ISSGA / Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
10.40 TIPOS DE DIVERSIDADE E DEFINICIÓN DE DIVERSIDADE XERACIONAL
TRABALLAR O ENVELLECEMENTO ACTIVO A TRAVÉS DE POLÍTICAS PREVENTIVAS E DE XESTIÓN DA IDADE
MAPA DO TALENTO SENIOR
CARA E CRUZ DO SÍNDROME DO XUBILADO
GUÍA PARA UNHA XUBILACIÓN SATISFACTORIA
Natalia Fernández Laviada. Subdirectora Xeral de Prevención, Calidade e Comunicación de Fraternidad-Muprespa
12.00 COLOQUIO E PECHE
Representante do ISSGA / Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade