17/10/2017
Curso de PRL para traballadores autónomos. Nivel básico
- Data: 17/10/2017
- Inscrición: 23/11/2017 a
- Duración: 35 horas
- Prazas: 150
- Lugar de celebración: Teleformación
CONTIDO
Curso básico de prevención de riscos laborais de 35 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no anexo IV-B) do Regulamento dos servizos de prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero (5 horas).
OBXECTIVOS
Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.
Proporcionar a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.
DESTINATARIOS
Traballadores autónomos
REQUISITOS
Non se require titulación específica.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
1. Traballadores autónomos (deberán achegar a issga.cursoprl [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal) dentro do prazo de presentación de solicitudes a documentación que o acredite)
2. Orde inscrición
3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo
METODOLOXÍA
1. Solicitude por medios telemáticos; por mail ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal); ou directamente nas asociacións de traballadores autónomos representadas na Mesa do Autónomo.
2. Comunicación de admisión
3. Realización a través da plataforma de EGAP na que poderá acceder as todos os elementos do curso: descargas, consultas, titorías, bibliografía, probas de seguimento, foros, axenda, buzón persoal, etc.
Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación, envío das actividades e exercicio final presencial. O lugar do exame final aínda está por determinar.
Contido
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo
2. Riscos xerais e a súa prevención
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos
5. Primeiros auxilios
6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero