Formación

17/10/2017

Curso de PRL para traballadores autónomos. Nivel básico

  • Fecha: 17/10/2017
  • Inscripción: 23/11/2017 a
  • Duración: 35 horas
  • Plazas: 150
  • Lugar de celebración: Teleformación

CONTIDO

Curso básico de prevención de riscos laborais de 35 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no anexo IV-B) do Regulamento dos servizos de prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero (5 horas).

OBXECTIVOS 

Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.

Proporcionar a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.

DESTINATARIOS 

Traballadores autónomos

REQUISITOS 

Non se require titulación específica. 

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN

1. Traballadores autónomos (deberán achegar a issga.cursoprl [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal) dentro do prazo de presentación de solicitudes a documentación que o acredite)

2. Orde inscrición

3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo

METODOLOXÍA 

1. Solicitude por medios telemáticos; por mail ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal); ou directamente nas asociacións de traballadores autónomos representadas na Mesa do Autónomo. 

2. Comunicación de admisión

3. Realización a través da plataforma de EGAP na que poderá acceder as todos os elementos do curso: descargas, consultas, titorías, bibliografía, probas de seguimento, foros, axenda, buzón persoal, etc. 

Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación, envío das actividades e exercicio final presencial. O lugar do exame final aínda está por determinar.

Contido

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo

2. Riscos xerais e a súa prevención

3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención

4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos

5. Primeiros auxilios

6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero