18/10/2024
Como abordar a promoción da saúde mental no traballo
- Data: 18/10/2024
- Inscrición: 20/09/2024 a 18/10/2024
- Duración: 2 horas
- Lugar de celebración: Centro Issga_Pontevedra
- Consultar a ubicación en Google Maps
Esta xornada técnica, realizada en colaboración con McMutual e que forma parte das actividades formativas organizadas polo Issga con motivo da Semana Europea para a seguridade e a saúde no traballo, ten como obxectivo analizar cal é a situación actual da saúde mental no ámbito laboral e expoñer que poden facer as empresas para desenvolver medidas encamiñadas á mellora e o benestar mental de todas as persoas da organización.
A relación entre saúde mental e traballo pode resumirse en polo menos 4 dimensións:
-
O traballo pode contribuír a unha boa saúde mental
-
O traballo pode estar na orixe dalgúns problemas de saúde mental
-
Os problemas de saúde mental independentemente da causa afectan a o desempeño no traballo
-
O traballo pode favorecer a recuperación das persoas con problemas de saúde mental
Independentemente da dimensión á que lle deamos maior importancia, todas elas van provocar consecuencias nas empresas, ben sexan positivas ou negativas. Por iso, a finalidade que persegue este webinar é aumentar o coñecemento sobre a materia e concienciar a empresas e entidades sobre a necesidade de coidar a saúde mental das persoas empregadas e dos beneficios que iso reporta tanto para a propia organización como para a sociedade en xeral, como punto de partida necesario para acometer os cambios que se requiran.
10.30 APERTURA
Alfonso Pérez Santiago. Xefe do Centro Issga_Pontevedra
Miguel de la Fuente. Director de MC MUTUAL de Ourense-Pontevedra
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga
10.40 SAÚDE MENTAL E TRABALLO NA ACTUALIDADE
PRINCIPAIS TRASTORNOS NO ÁMBITO LABORAL
Francesc Martí. Técnico especialista en Psicosocioloxía Aplicada da División de Servizos de Prevención de MC MUTUAL
11.30 DESCANSO
12.00 DESENVOLVER UNHA POLÍTICA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL NA EMPRESA. ASPECTOS PRINCIPAIS
RECURSOS PARA APOIAR A PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL NO TRABALLO
Francesc Martí. Técnico especialista en Psicosocioloxía Aplicada da División de Servizos de Prevención de MC MUTUAL
12.45 COLOQUIO E PECHE
Alfonso Pérez Santiago. Xefe do Centro Issga_Pontevedra
PROGRAMA
Documentación
Descarga pdfs: