Formación

07/05/2025

Coida o teu corazón: actividade física e saúde

Imaxe xt
  • Data: 07/05/2025
  • Duración: 1 horas
  • Lugar de celebración: En liña

O obxectivo principal desta xornada técnica é motivar ás persoas traballadoras para que realicen exercicio físico de maneira regular, contribuíndo a evitar ou minimizar as consecuencias negativas derivadas da inactividade e do envellecemento.

A adopción de hábitos saudables, como a práctica de exercicio físico, repercute directamente no benestar físico e psíquico, ademais de axudar na prevención de trastornos musculoesqueléticos e cardiovasculares. Durante a sesión, analizaranse as consecuencias do sedentarismo ao longo do tempo e exporanse os beneficios dunha práctica regular de actividade física.

Os efectos negativos do sedentarismo maniféstanse progresivamente ao longo dos anos, traducíndose en problemas de mobilidade, fatiga crónica e maior predisposición a enfermidades metabólicas e cardiovasculares. Ademais, a falta de actividade física impacta na saúde mental, podendo incrementar os niveis de estrés e ansiedade.

Pola contra, a incorporación de exercicio físico á rutina diaria ten efectos positivos inmediatos e a longo prazo, como o incremento da capacidade cardiorrespiratoria, o fortalecemento muscular e a mellora da coordinación motriz. Ademais, axuda a previr enfermidades crónicas, mellora o estado de ánimo e favorece un maior benestar xeral.

Máis información e inscricións: https://issgaeventos.com/coida-o-teu-corazon-actividade-fisica-e-saude/

 

 

10.30 PRESENTACIÓN E APERTURA

Adela Quinzá-Torroja García, xerente do ISSGA

Carlos Llanos Santos. Director Rexional Galicia. Fremap

10.35 INTRODUCIÓN E CONTEXTO ACTUAL

EFECTOS DO SEDENTARISMO A LONGO PRAZO

BENEFICIOS DO EXERCICIO

Rosario Colorado Heras. Técnica superior de PRL en FREMAP, educadora social, doutora en Ciencias Químicas e experta universitaria en nutrición (alimentación e exercicio físico)

11.30 COLOQUIO 

Marta Aneiros Vieites. Xefa da Sección de Formación, Divulgación e Documentación do Centro Issga_Ourense

PROGRAMA

Documentación

Descarga pdfs: