19/09/2025
Cancro laboral: Axenda nacional do cancro laboral
- Data: 19/09/2025
- Inscrición: 04/08/2025 a 19/09/2025
- Duración: 3 horas
- Lugar de celebración: Centro Issga_A Coruña
O cancro é unha das principais causas de mortalidade a nivel mundial, e en España representa aproximadamente o 22% de todas as mortes por enfermidades. A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que entre o 2% e o 4% dos casos de cancro en países desenvolvidos están relacionados con exposicións laborais.
Obxectivos da xornada
-
Sensibilizar a profesionais da saúde laboral, oncólogos, inspectores de traballo e representantes institucionais sobre a importancia de recoñecer e rexistrar os casos de cancro de orixe laboral.
-
Presentar os avances na identificación de axentes carcerígenos en diferentes sectores laborais, incluíndo asbestos, sílice cristalina, compostos químicos, radiacións e axentes biolóxicos.
-
Analizar a contribución da Rede Sentinela de Cancro e outros proxectos de vixilancia epidemiolóxica na detección temperá e na avaliación do risco.
-
Promover a colaboración interinstitucional para mellorar a protección das persoas traballadoras e fortalecer as políticas preventivas.
10.30 RECEPCIÓN
10.45 APERTURA
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA
11.00 AXENDA NACIONAL DO CANCRO LABORAL. PARTICIPACIÓN DO ISSGA
Encarnación Sousa Rodríguez. Subdirectora Xeral Técnica e de Planificación do ISSGA
11.30 MESA: CANCRO LABORAL
Modera: Nieves Lorenzo Espeso. Xefa da Área Técnica de Medicina do Traballo e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Centro ISSGA_A Coruña
CANCRO DE PULMÓN DE ORIXE LABORAL
Dra. Carmen Diego Roza. Neumóloga. Xefa de Sección de Procesos Agudos e Transplante. Servicio de Pneumoloxía. Área de Pulmón. Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA). Oviedo
O PAPEL DO ONCÓLOGO NA COMUNICACIÓN DA SOSPEITA DE ENFERMIDADE PROFESIONAL DE CANCRO LABORAL
Dra. Laura Mezquita Pérez. Oncóloga. Xefa da área de Tumores do Hospital Clínic de Barcelona. Coordinadora do proxecto da Rede Sentinela de Cancro de Seos Paranasais. Grupo de Traballo SEOM de Cancro, Traballo e Medio Ambiente
COMUNICACIÓN DE SOSPEITAS DE ENFERMIDADE PROFESIONAL POR CANCRO LABORAl
Mercedes Piñeiro Abeledo. Coordinadora de Incapacidade Temporal da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade
13.00 COLOQUIO E PECHE
José Rega Piñeiro. Xefe do Centro Issga_A Coruña
Programa e relatorios.