18/04/2023

Benestar psicoemocional

  • Data: 18/04/2023 a 18/04/2023
  • Inscrición: 04/04/2023 a 18/04/2023
  • Duración: 1 horas
  • Lugar de celebración: En liña

A finalidade deste webinar, realizado en colaboración con Fremap, é dar a coñecer con exactitude o concepto de estrés, así como o seu mecanismo de desenvolvemento e as diferentes consecuencias que este pode ter na vida das persoas.

Partindo da interrelación entre pensamento, emoción e conduta, exponse as distintas estratexias dirixidas a mitigar as tensións internas e mellorar as relacións cos demais.

O obxectivo final é dotar aos asistentes de ferramentas prácticas que lles permitan manexar adecuadamente as distintas situacións xestionando eficientemente as súas emocións e as das persoas con que se relacionan.

10.30 PRESENTACIÓN

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA

10.35 APERTURA

Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Carlos Llanos Santos. Director Rexional Galicia. FREMAP

10.40 ESTRÉS. AFECTACIÓN E ESTRATEXIAS DE AFRONTAMENTO

AS EMOCIÓNS: COÑECER E RECOÑECER. XESTIÓN EMOCIONAL

PENSAMENTOS DISTORSIONADOS, ANALIZANDO O QUE PENSAMOS

BENESTAR PSICOLÓXICO E EMOCIONAL. ACTITUDE POSITIVA

Priscila Rodríguez Personat. Técnico de PRL do Equipo de especialización de Psicosocioloxía Aplicada da Área de Prevención FREMAP

11.40 COLOQUIO E PECHE

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA

Máis información e inscrición:

https://issgaeventos.com/benestar-psicoemocional/