VIII Simposio Ibérico de Riscos Psicosociais
Facultade de Filosofía da USC - Santiago de Compostela
Esta edición de 2026 que terá lugar en Santiago de Compostela está organizada pola Asociación Ibérica de Psicosociología en el Trabajo en colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.
Conectando coñecemento, experiencia e compromiso
O Simposio Ibérico de Riscos Psicosociais (SIRPS), con presenza consolidada en España e Portugal desde o ano 2016, posicionouse como unha iniciativa pioneira e de referencia na abordaxe integral desta materia. É o único evento de carácter científico-técnico monográfico sobre Psicosociología que se celebra en ambos os países, ofrecendo un espazo privilexiado para o intercambio de coñecemento e experiencias innovadoras.
Impulsado pola Asociación Ibérica de Psicosociología en el Trabajo/Associação Ibérica de Psicossociologia do Trabalho, naceu coa vocación de promover a actualización científico-técnica e favorecer a construción de redes ibéricas de colaboración profesional comprometidas co benestar e a saúde laboral.
Impulsar textos normativos, avances en investigación psicosocial, intervencións eficaces e coordinación entre as distintas administracións constitúen obxectivos esenciais.
Líneas de traballo: foco nos desafíos actuais
O VIII SIRPS articúlase ao redor dos desafíos máis preponderantes da psicosocioloxía laboral contemporánea. É innegable que unha exposición psicosocial adversa pode ter efectos determinantes na seguridade e saúde e, cando as condicións laborais chegan a comprometer gravemente o benestar e a saúde mental das persoas, a lastrar traxectorias profesionais e proxectos de vida; non podemos mirar para outro lado.
Por iso, este foro centrarase en analizar causas, debater medidas e propoñer accións en catro áreas que esixen unha contribución colectiva.
-
Horizontes da psicosocioloxía
Unha psicosocioloxía máis forte e integrada, con normativa específica, investigación aplicada, prácticas eficaces e compromisos cumpridos. -
Desigualdades e vulnerabilidade
Equidade, inclusión e xustiza organizacional son elementos clave para o desenvolvemento das persoas traballadoras. -
Adiccións e traballo
Desafío complexo que esixe comprender a interacción entre factores individuais, laborais e sociais para vincular o ámbito laboral na súa prevención. -
Dixitalización e psicosocioloxía
Onde están os límites? O obxectivo é propoñer estratexias que convertan a xestión psicosocial na mellor aliada da transformación dixital.