VIII Encontro Aberto da Rede Española de Empresas Saudables
Laias - Cenlle (Ourense)
O próximo 9 xuño terá lugar presencialmente en Laias - Cenlle(Ourense), así como tamén en formato virtual, o VIII Encontro Aberto da Rede Española de Empresas Saudables (REES), organizado conxuntamente entre o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), O.A., M.P. e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).
O Encontro Aberto da REES deste ano terá como tema central a promoción da saúde mental desde a empresa, aliñándose cos obxectivos da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027. Contará cunha conferencia inaugural sobre Promoción da Saúde Mental a cargo do presidente da Fundación Española de Psiquiatría e Saúde Mental (FEPSM).
Entregaranse o Recoñecemento de “Boas Prácticas en Promoción da Saúde” e o Recoñecemento de “Empresa Saudable e Sustentable en Promoción da Saúde no Traballo”. Dentro da segunda edición do Recoñecemento á “Mellor Acción en Promoción da Saúde no Traballo” concederase un premio e dous accésits nas categorías de Saúde Cardiovascular e Saúde Mental.
O proxecto da REES cumpre, en 2023, 10 anos traballando na promoción, a cultura de saúde e o intercambio experiencias de éxito entre as empresas e organizacións que comprenderon que a seguridade e a saúde dos seus traballadores/as é o seu principal activo.
Baixo o título “Achegando Saúde Mental desde a Empresa” analizaremos as achegas que, desde a acción en saúde nas empresas, pódense realizar para o logro deste obxectivo.